PlanOU92
ben Ourense

O I Plan de Servizos Sociais comprende un conxunto de actuacións dirixidas aos concellos da provincia de Ourense de menos de 20.000 habitantes baixo o principio da cooperación. Destínase un total de 3.200.000 Euros para 8 Actuacións.

O obxecto do Programa provincial de asistencia económica, técnica e xurídica ós concellos en materia de Servizos Sociais Comunitarios para o exercicio 2012 Ã© o establecemento, de xeito integral e detallado, regulando os trámites para a súa total execución, das accións que lle corresponde desenvolver á Deputación Provincial de Ourense en virtude das competencias atribuídas polos artigos 109.1.b) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, 63 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia e 31 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.