Está editado pola Deputación de Ourense e coordinado por Xosé Lois Foxo.
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e o director da Escola Provincial de Gaitas e da Real Banda de Gaitas, Xosé Lois Foxo, presentaron hoxe unha nova edición do "Anuario da Gaita", publicación editada pola institución provincial e que constitúe unha referencia no eido da investigación e na difusión deste instrumento musical tradicional. O Anuario da Gaita chega este ano á súa edición número 26 e abrangue nos seus diferentes apartados temas relativos ás actividades divulgativas, investigacións e estudos sobre este instrumento, ademais de colaboracións de expertos e traballos de ámbito histórico e etnográfico.
Rosendo Fernández dixo que o Anuario da Gaita "recolle cada ano parte da tradición de Ourense e Galicia vencellada a un instrumento galego como é a gaita, traballo que non serÃa posible sen a dedicación e esforzo de Xosé Lois Foxo e o seu equipo". Rosendo Fernández engadiu que Ourense mantivo dende vellos tempos "unha importante tradición musical, levando a dianteira en moitos sensos en relación ao desenvolvemento da cultura galega, algo polo que é considerada a "Atenas de Galicia", e que se corrobora co traballo de difusión e investigación que dende a Deputación de Ourense e a Escola de Gaitas se fai por este instrumento".
Xosé Lois Foxo explicou que no eido da gaita, o achegamento a este instrumento de forma cientÃfica non ten parangón, "e boa mostra diso son o museo, único no mundo, co que conta a Escola de Gaitas; esta publicación, na que destaca a súa tarefa investigadora, e, no aspecto académico, a Escola de Gaitas, que conseguiu deixar atrás a tradición do gaiteiro como músico ágrafo para convertelo nun estudoso do instrumento".
O traballo de Foxo e da Deputación de Ourense no mantemento das nosas tradicións musicais ponse de manifesto, asemade, en actos como a Xuntanza Internacional de Gaiteiros e a propia Real Banda de Gaitas, que fan da provincia de Ourense un referente universal no eido musical e cultural. Esta publicación serve ademais este ano -que se cumpre o centenario do pasamento do Gaiteiro de Ventosela- de recoñecemento aos cientÃficos e investigadores que, ano tras ano, escreben nestas páxinas e a todos os que seguen a manter vivas as nosas tradicións históricas, culturais e musicais.