
Manuel Baltar e o director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública, José Carlos GarcÃa Bouzas, asinaron hoxe un convenio de colaboración entre os dous organismos.
Uns 400 efectivos dos corpos de bombeiros, PolicÃa Local e Protección Civil dos concellos da provincia de Ourense poderán formarse e mellorar as súas especializacións en técnicas de defensa persoal, intervención en sinistros, emerxencias e outras disciplinas que abrangue a seguridade, grazas ao convenio asinado hoxe polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública, José Carlos GarcÃa Bouzas.
As accións formativas van dirixidas aos 300 axentes da PolicÃa Local da provincia de Ourense, incluÃndo mandos e postos de segunda actividade, dos cales 134 pertencen ao Concello de Ourense, e os restantes ás principais xefaturas da PolicÃa Local do Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Xinzo de Limia, Ribadavia e VerÃn.
Polo que atinxe aos bombeiros aos que van dirixidos os cursos, no municipio de Ourense hai 50 efectivos, incluÃndo mandos e condutores; o Parque de Bombeiros da Deputación de Ourense conta con 9 efectivos, e os parques comarcais de O Barco, Xinzo de Limia e VerÃn dispoñen en total de 54 efectivos, aos que haberá que engadir en 2013 aos integrantes do Parque Comarcal de Bombeiros do Carballiño, que entrará en funcionamento o vindeiro ano.
Manuel Baltar dixo que a sinatura deste convenio "posibilita a mellora na formación profesional de policÃas locais, bombeiros e membros de protección Civil, o que redundará nunha mellora e actualización do seu labor para o desempeño das súas funcións e permitirá acadar máis eficiencia nun traballo tan importante como o que desenvolven estes profesionais".
Nos cursos, que se impartirán entre outubro e decembro deste ano, a Deputación de Ourense asume o pago aos docentes, as axudas de custo e a coordinación, que estará ao cargo de Carlos Castiñeiras, xefe do Negociado de Formación da Deputación de Ourense. Serán catro accións formativas, dúas para policÃas locais e dúas para bombeiros e membros de Protección Civil.
Os cursos abordarán os temas: "Actualización nas técnicas de auto-protección e defensa persoal policial", "Control de vehÃculos con tacógrafos dixitais", "Coordinación de emerxencias municipais e intervención en sinistros", e "Prácticas de laboratorio en intervención con mercadorÃas perigosas". A duración dos cursos será de entre 4 a 20 horas, dependendo da acción formativa.
Para máis información:
Negociado de Formación da Deputación de Ourense: 988385142