O vindeiro venres, 14 de Decembro, ás 20.30 horas, no Teatro Principal de Ourense, a Escola Provincial de Danza da Deputación de Ourense celebra o tradicional Festival de Nadal. Na función participarán os diferentes grupos da escola, cunha representación de máis de 150 alumnos, de idades comprendidas entre os 6 e os 18 anos. O repertorio desta actuación, ademais de distintos bailes tradicionais como jotas, muiñeiras ou pandeiradas, inclúe unha serie de panxoliñas e cantos de Nadal cos que se conmemoran estas festas.

Máis información: Escola de Danza da Deputación de Ourense. Tel: 988249493 - web: www.ccpxaquinlorenzo.es