O Pazo dos Deportes "Paco Paz" da Deputación de Ourense ven de implantar na súa páxina web, e a través do seu perfil nas redes sociais Facebook e Twitter, un novo servizo informativo para os usuarios do "Paco Paz" que ten como obxectivo informar, concienciar e estimular sobre a importancia da práctica da actividade fÃsica. O servizo denominado "Fitness Pazo Saúde" pretende, mediante artigos e información técnica e divulgativa, fomentar o coidado da saúde coa práctica do exercicio fÃsico. Cunha periodicidade quincenal iranse incluÃndo neste apartado da web e das redes sociais do Pazo dos Deportes aquelas información de contrastado rigor cientÃfico que sexan de utilidade para os usuarios do "Paco Paz". O primeiro deles trata sobre "A importancia de realizar exercicio fÃsico cardiorrespiratorio".