O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse esta mañá en Madrid co secretario de Estado de Administracións Públicas, Antonio Beteta, para analizar o grao de desenvolvemento do "Plan de racionalización da estrutura administrativa" que está a deseñar a Deputación de Ourense, trala proposta realizada por Baltar e aceptada por Beteta de poñer a disposición das demais deputacións de España este plan para incrementar o aforro e a eficacia na prestación de servizos por parte dos concellos.
Na xuntanza de traballo, na que ademais se avaliou o estado actual de tramitación do proxecto de lei de Racionalización e sostibilidade da administración local, participaron tamén Rosana Navarro, secretaria xeral de coordinación autonómica e local, e Juan Ignacio Romero Sánchez, director xeral de coordinación de competencias coas CCAA e as entidades locais.
Manuel Baltar propuxo un modelo de "Provincia intelixente" con maior protagonismo da administración electrónica provincial. A medida ten como obxectivo máis aforro e eficiencia na xestión, e vai na liña da fusión de servizos, que promove o presidente de Ourense, quen se marca como obxectivo que a "Provincia sexa un concello único", aglutinando nunha gran plataforma a prestación de servizos aos cidadáns.
A plataforma permitirÃa avaliar a xestión dos concellos, cara a acadar mellor excelencia na prestación de servizos e determinar o grao de eficiencia na prestación dos mesmos, e abranguerÃa unha central de compras –para abaratar custes- e a xestión integral de residuos, saneamento e tributos, acadando significativos aforros económicos, sociais e do medio ambiente.
Baltar e Beteta analizaron o borrador do plan que ten precisamente na "fusión de servizos" o seu eixo principal de actuación. O programa, que xa está incorporado na Deputación de Ourense –ao que se acollen máis da metade dos 92 concellos da provincia- ten acreditado un maior aforro, operatividade na xestión e eficiencia na prestación de servizos aos concellos nos ámbitos económico, social e do medio ambiente.
O Ministerio de Facenda ten a intención de poder "exportar" o plan que está a elaborar a Deputación de Ourense para que poida ser aplicado nas demais institucións provinciais a partires de xaneiro de 2014, data na que entrará en vigor a nova Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local.
Eficiencia e competencias
"Facer máis con menos, pero con maior eficiencia". Asà resume Manuel Baltar a filosofÃa deste plan, "que pon o punto de mira na recuperación económica fronte á crise que afecta á sociedade e, sinaladamente, aos concellos", e afirma que é necesario "incrementar a eficiencia destes gobernos locais intermedios e acometer unha reforma de competencias na que as deputacións se convertan en verdadeiras plataformas de servizos para os concellos e os cidadáns, sendo claves os servizos sociais, a xestión medioambiental e as infraestruturas, tres piares fundamentais desa plataforma de xestión supramunicipal".
Manuel Baltar trasladoulle a Antonio Beteta que o plan da Deputación de Ourense ten catro elementos principais, que son: Modernidade, axilidade na xestión, aforro e eficacia. "Estes factores son fundamentais para a pervivencia dos milleiros de pequenos e medianos concellos de España", afirma Baltar, quen considera que coa reforma da Ley de racionalización e sostibilidade da Administración Local, "as deputacións serán protagonistas do pulo municipal naqueles concellos con menos de 20.000 habitantes, pois a deputación pasará a exercer directamente moitas máis competencias municipais, indo máis aló de prestar só axuda aos concellos, para converterse no "gran concello dos concellos", asumindo xestións que, sen dúbida, suporán un considerable aforro e mellora na prestación de servizos para o dito municipio".
Baltar cualifica de "valente" o feito de que o Goberno acometa despois de 30 anos unha reforma, e afirma que as deputacións deben seguir desempeñando "un rol de liderado provincial", e asistir e cooperar cos pequenos concellos "pero tamén defender unha visión integral de provincia". Avoga, asemade, porque a reforma da Administración Local "elimine duplicidades e pense en clave de cidadán, porque este merece un servizo público de excelencia".