Music Camp 2025

Desde a Deputación de Ourense, co apoio do Concello de Muíños,  organiza un ano máis o Campamento Musical Infantil - Xuvenil “Music Camp 2025”, que é unha oportunidade para que os nosos mozos compartan música, fomenten a diversión, amizade, compañeirismo, traballo en grupo e respecto aos demais e o sentido da responsabilidade persoal.


 

Terá lugar no Complexo Turístico - Deportivo de O Corgo, situado en Mugueimes no Concello de Muíños, cunha duración de 7 días/6 noites para 50 nenos con estudios musicais de 13 a 17 anos desde o día 25 ao 31 de xullo.

Anexo Tamaño
Bases 425.32 KB
Folla solicitude 396.24 KB