-11.30 horas: Presentación do "Festival Arteficial".- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense terá lugar mañá martes, 30 de agosto, a presentación da décima edición do "Festival Arteficial". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director artístico, da vicepresidenta e do vogal da asociación "Arteficial", Manuel Araujo, Noelia Riveiro e Alberto Chousal, respectivamente.