O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, visitou hoxe Ourense para supervisar a apertura ó tráfico do novo vial de conexión entre Rairo e Bemposta, na Ou-510, que liberará o tráfico do centro da cidade.

No acto estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, así como do vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández e o alcalde da cidade, Francisco Rodríguez
Cun investimento de 2,9 millons de euros, este vial complementará o tramo periférico do leste da cidade e enlazando os treitos, A Granxa-Os Viros e A Granxa-Rairo, que circunvalan Ourense polo Sur para contectar a OU-536 coa A-52. O tramo conta cunha lonxitude de 1.650 metros.
Esta actuación enmárcase dentro do Plan Move, Plan de Mobilidade e Ordenación Viaria Estratéxica, que está impulsado polo goberno da Xunta para o período 2010-2015.
A nova conexión dará servizo a unha poboación de máis de 128.000 habitantes, correspondentes aos concellos de Ourense, Barbadás, O Pereiro de Aguiar e San Cibrao das Viñas.
Tamén aproveitou para descatar a intervención do seu departamento ante o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, para que Ourense conte cunha nova Estación Depuradora de Augas Residuais.