O evento, declarado este ano “Festa de Interese TurÃstico de Galiciaâ€, é unha homenaxe aos oficios e gremios tradicionais galegos e premia a entidades que traballan na defensa das tradicións da nosa terra.
A vila de Vilanova dos Infantes (Celanova) converterase un ano máis o vindeiro 17 de maio –coincidindo coa celebración do DÃa das letras Galegas-, no centro etnográfico de Galicia coa celebración da XI RomarÃa Etnográfica “Raigameâ€, un evento que cada ano reúne a miles de persoas nunha multitudinaria homenaxe ás tradicións galegas.
Hoxe presentouse na Deputación de Ourense a edición de Raigame 2012, evento organizado polo Concello de Celanova, o Centro de Cultura Popular XaquÃn Lorenzo e a Deputación de Ourense, coa presenza do presidente provincial, Manuel Baltar; o alcalde de Celanova, Antonio Mouriño, e Mariló Fernández Senra, directora do Centro de Cultura Popular XaquÃn Lorenzo.
Nesta undécima edición, Raigame pretende consolidar a participación dos artesáns –os verdadeiros protagonista desta festa-, que son "a mostra dunha industria tradicional adaptada aos novos tempos e unha saÃda profesional baseada no trato directo cos clientes que escapan de produtos globalizados", explicou Mariló Fernández Senra.
O burgo de Vilanova dos Infantes encherase de cesteiros, zoqueiros, oleiros, zapateiros, palilleiras, ferreiros e demais oficios tradicionais, para que o 17 de maio "se pare o tempo para que botemos unha ollada ao noso pasado, ás nosas tradicións, pero tamén para mirar cara adiante, porque o futuro dun pobo non se entende sen a súa historia", dixo Manuel Baltar no acto de presentación. O presidente provincial afirmou que todo o que se faga por recuperar e manter vivas as nosas tradicións "estará ben feito, porque iso é facerlles unha homenaxe ás xeracións que fixeron posible que hoxe poidamos dispoñer da gran riqueza cultural, etnográfica e monumental que temos na actualidade en Ourense e en Galicia".
O alcalde de Celanova destacou que "Raigame" converteuse co paso dos anos "no gran escaparate da etnografÃa, e sinaladamente, do fermoso burgo medieval de Vilanova dos Infantes", vila á que agradeceu a colaboración dos seus veciños para a celebración desta romarÃa. Tamén agradeceu Antonio Mouriño o apoio da Deputación de Ourense e á SecretarÃa Xeral de Turismo o feito de impulsar o nomeamento de "Raigame" como Festa de Interese TurÃstico de Galicia.
Nesta edición, "Raigame" entregará o premio "Xan de Barros", que anualmente concede a institucións ou organismos que traballan a prol da defensa das tradicións culturais e etnográficas, ao programa da TVG "Alalá".