ACORDO SOBRE CONTAMINACIÓN DAS AUGAS PLENO 30-11-2012
A Deputación Provincial instará á ConsellerÃa de Medio Ambiente e á Confederación Hidrográfica Miño-Sil a realizar estudos en todos os rÃos e encoros da provincia para detectar a presenza ou non de cianobacterias establecendo un programa para o control de floracións.
A Deputación Provincial en colaboración coa Confederación Hidrográfica a través do Servizos de augas e medio ambiente elaborará un mapa de zonas en alerta por contaminación de cianobacterias, de cara a solucionar os problemas de verquidos nas canles.
A Deputación provincial, no marco das súas competencias esixirá o correcto funcionamento das depuradoras instaladas nos pobos do rural dos distintos Concellos da provincia,especialmente as dos plans DAREDO e DEPUTRANS.
A deputación provincial colaborará cos concellos que precisen facer novas captacións de augas, para garantir o subministro de auga suficiente e de calidade para o abastecemento.