41 anos de tradición lúdica e gastronómica na Baixa Limia. Asà definiu hoxe o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, a “Festa do Peixe†de Bande, unha das celebracións gastronómicas máis antigas de Galicia, que hoxe foi presentada no Centro Cultural da Deputación, coa presenza do alcalde de Bande, José Antonio Armada, e dos organizadores do evento.
Como cada ano, nesta edición de 2012 prevese que miles de persoas, cunha sinalada presenza de visitantes de Portugal, se acheguen a Bande os dÃas 1, 2 e 3 de xuño para disfrutar desta singular festa que ten no peixe o seu atractivo principal, converténdose nunha das celebracións de gastronomÃa fluvial máis importantes de España.
José Antonio Armada dixo que gastronomÃa, tradición e ocio “van da man nesta festa, que logo de máis de catro décadas coloca a Bande como referencia dunha cociña natural, que exalta por riba de todo o peixe, pero tamén o pan, os doces e os pratos tÃpicos de Bande e da Baixa Limia.
Ademais do campionato de pesca, dos obradoiros medioambientais e das degustacións gastronómicas, a festa ten como novidade deste ano a celebración dun mercado de artesanÃa, antigüidades e rastro, do que hoxe, na rolda de prensa, os organizadores amosaron unha mostra: o mini-gramófono construÃdo hai 100 anos, unha peza única de coleccionista.