Os xogadores, corpo técnico e presidente do Club Deportivo Ourense foron recibidos oficialmente hoxe polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, nun acto de recoñecemento aos éxitos deportivos ao acadar o ascenso a 2ªB.
Manuel Seoane, presidente do CD Ourense, agradeceu o apoio da Deputación provincial e brindoulle este triunfo aos socios, a todos os afeizoados ao fútbol da nosa provincial e a todos os ourensáns. Pola súa banda, Manuel Baltar dixo que novamente CD Ourense volverá lucir o escudo de Ourense en todos os campos de 2ºB e os seus xogadores serán a vindeira tempada "uns excelentes embaixadores do noso fútbol".
No acto, no que tamén participou o asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González, o presidente da Deputación fixo entrega ao presidente de CD Ourense dunha figura alusiva á nosa provincia que representa os sÃmbolos máis caracterÃsticos de Ourense.
Más información gráfica: