Ourense, 4 de xullo de 2019.- Máxima cooperación, estabilidade e gobernos sólidos, son os argumentos que definen o primeiro encontro institucional entre Manuel Baltar e Gonzalo Pérez Jácome, celebrado esta mañá no Pazo Provincial de Ourense e no que o presidente da Deputación e o alcalde de Ourense concordaron na importancia do comité de cooperación entre ámbalas dúas institucións –que celebrará unha reunión mensual- "para desenvolver proxectos transformadores de obras e infraestruturas, por parte de dúas administracións saneadas economicamente e en plena sintonÃa", expresou Baltar.
Pola súa banda, Pérez Jácome destacou que hoxe "se abre un novo dÃa e unha nova vÃa de cooperación que vai a fortalecer á cidade e á provincia con investimentos que non habÃa no pasado", salientando entre outros proxectos o do parque acuático, no que se estudarán as posibilidades de Monterrei e Untes, e o Centro de Intelixencia Artificial, "que vai cambiar o devir e a economÃa de Ourense", dixo o alcalde.
Manuel Baltar, quen agradeceu a colaboración de alcalde de Ourense, remarcou que as palabras diálogo, colaboración e lealdade institucional "serán a folla de ruta deste mandato" e amosou a "colaboración absoluta por parte da Deputación de Ourense cos proxectos que o goberno da capital poña sobre a mesa, contando en ámbalas dúas institucións coa maiorÃa absoluta necesaria para levar a cabo calquera iniciativa, tendo sempre a Ourense como fÃo condutor, para transformar a cidade e a provincia".
Gonzalo Pérez Jácome afirmou que desta colaboración "se van ver beneficiados a capital e os concellos limÃtrofes, ademais do resto da provincia", e citou o parque acuático de Monterrei e tamén a posibilidade de estudar a construción doutra infraestrutura termal nas inmediacións de Untes, que serÃa o primeiro parque acuático termal de Europa, salientando que os dous proxectos poderÃan convivir. un para a tempada de verán o outro para todo o ano.
Tamén agradeceu a confianza de Manuel Baltar e remarcou "o espaldarazo" que a Deputación de Ourense dará ao Centro de Intelixencia Artificial, ofrecendo as instalacións do Centro Provincial Intelixente -que a Deputación porá en marcha da man de Abanca para ofertar emprego tecnolóxico- para que poida acoller ao centenar de cientÃficos que o alcalde de Ourense estima que terá, inicialmente, a súa proposta do Centro de Intelixencia Artificial, que prevé estar plenamente operativo en 2020.
Jácome afirmou que con este centro de vangarda especializado en intelixencia artificial "poderÃamos ser a primeira provincia en reverter a curva demográfica no sur de Europa", valorando asà o fito que suporÃa ter en Ourense esta infraestrutura tecnolóxica.
Baltar destacou que neste mandato "estamos en disposición de facer grandes cousas, que serán posible grazas a ter proxecto, vontade polÃtica, capacidade económica e sintonÃa con administracións como a Xunta de Galicia, e tendo en conta que as provincias imos ser receptoras e xestoras directas de fondos comunitarios", dixo o presidente, subliñando a importancia que terá a chegada do AVE, como pulo dinamizador.
Baltar e Jácome acordaron que as reunións do comité de cooperación Deputación-Concello de Ourense terán, aló menos, unha periodicidade mensual, e que se celebrarán alternativamente nas sedes de ámbalas dúas institucións.