Ourense, 19 de xullo de 2019.- O municipio de Nogueira de RamuÃn prepárase para acoller un variado programa cultural para este verán que se verá reforzado coa incorporación do concello á Rede de Auditorios da Provincia (reaOU), da que xa forman parte 33 municipios da provincia. A presentación deste programa de actividades tivo lugar hoxe no centro cultural "Marcos Valcárcel", acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde e o concelleiro de Cultura de Nogueira de RamuÃn, César Parente e Raúl Soto, respectivamente.
O vicepresidente da Deputación de Ourense dixo que se trata dun "amplo programa de actividades culturais cun elenco sobresaÃnte de actuacións" e lembrou que a reaOU naceu co obxectivo de "ofrecer unha programación cultural coordinada entre a Deputación de Ourense e os concellos, co fin de fomentar e difundir a música e as artes escénicas na nosa provincia".
As actividades que correrán a cargo da propia Rede de Auditorios da Provincia comezarán o 4 de agosto, cun concerto a cargo de LucÃa Pérez. O dÃa 11 de agosto, chegarán as artes escénicas a Nogueira coa obra Loló e mamá e do teatro pasarán a un monólogo, o dÃa 13 de agosto, a cargo de Carlos Blanco. Por último, o dÃa 25 de agosto, volve a música con MarÃa do Ceo. Tódalas actuacións terán lugar no Claustro dos Bispos do Mosteiro de San Esteban de Ribas de Sil, ás 21.00 horas.
A estas actuacións hai que sumar dous concertos, nos que tamén colabora a Deputación de Ourense, que correrán a cargo de Carlos Núñez, o dÃa 25 de xullo, ás 20.00 horas; e de Luar de Nubre, o dÃa 8 de agosto, ás 21.00 horas.
Ademais destas actividades culturais, que "poñen en valor a nosa cultura e apostan polos nosos artistas galegos", dixo César Parente, tamén haberá outras iniciativas que organiza o Concello de Nogueira de RamuÃn para esta época estival. "Trátase da festa xove, que terá lugar o venres, 2 de agosto, a partir das 20.00 horas na praza de Luintra; a festa branca que celebraremos o dÃas 9 de agosto, tamén a partir das 20.00 horas e na praza do concello. o dÃa 17 de agosto, a partir das 11.00 horas, realizaremos a V Volada BTT, de carácter non competitivo, e o sábado, 24 de agosto, ás 17.00 horas, celebraremos a Festa fin de verán nas piscinas municipais", explicou Raúl Soto.