Ourense, 5 de setembro de 2019.- Os municipios da Peroxa e de Nogueira de RamuÃn prepáranse para acoller o "Fest Clásico Ribeira Sacra", os dÃas 6 e 7 de setembro, con obras de Boccherini, Weberm, Mendelssohn e Schubert. A presentación deste evento cultural tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; os alcaldes da Peroxa e Nogueira de RamuÃn, Manuel Seoane e César Parente; a directora e o coordinador, Beatriz Blanco e Ãlvaro Llorente.
A Deputación de Ourense colabora con este evento que levará "a música clásica a lugares emblemáticos da nosa provincia", dixo Rosendo Fernández, quen animou á xente a asistir a este evento que "aglutina música, cultura e patrimonio". Neste mesmo sentido, Manuel Seoane dixo que é "unha gran oportunidade para gozar dun festival que celebrará a súa primeira edición nos concellos da Peroxa e Nogueira de RamuÃn".
O "Fest Clásico Ribeira Sacra" comezará o 6 de setembro, ás 20.00 horas, na Igrexa do Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. E, ao dÃa seguinte, retomarase a actividade cultural ás 12.00 horas na capilla A Granxa, nos Peares. Por último, ás 20.00 horas, trasladarase a programación a Igrexa de Santiago de Carracedo.
A directora do Festival explicou que o obxectivo desta iniciativa cultural é "intentar potenciar, coa nosa arte, a riqueza cultural da zona achegando ao público a enclaves con forte interese cultural e promover asà o coñecemento dos valores paisaxÃsticos e artÃsticos e, ademais, a nosa idea tamén é apoiar e contribuÃr na difusión da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade".