Ourense, 28 de novembro de 2019.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou hoxe IES As Lagoas, na capital ourensá, un dos 63 centros educativos que este ano participan na 7ª edición da Semana Escolar da Provincia, unha iniciativa da Deputación de Ourense que contou con preto de 9.000 alumnos de ESO e Bacharelato e 570 docentes, quen ao longo destes dÃas levaron a cabo diversas actividades educativas, centradas este ano no tema da violencia de xénero na adolescencia.
As actividades docentes da Semana Escolar -que se desenvolve do 25 ao 29 de novembro-, rematan mañá cunha serie de actos relacionados cos traballos realizados polos alumnos ao longo destes dÃas, e o vindeiro sábado terá lugar no Pazo Provincial o DÃa de Portas Abertas da Deputación de Ourense, en horario de 11 a 14 horas.
Manuel Baltar destacou "a implicación máxima do profesorado" durante as actividades que se realizan na Semana Escolar e agradeceu o seu traballo e o dos miles de estudantes. Dixo que o obxectivo desta actividade "é chegar aos escolares ourensáns máis novos traéndolles os temas de máxima actualidade para que reflexionen, debatan e acheguen os seus puntos de vista".
Nesta edición, a Deputación de Ourense editou a novela con banda deseñada Amor amargo, escrita por X. A. Perozo e ilustrada por Victoria Riveiro e Antonio Seijas. A obra está protagonizada por unha rapaza de dezaseis anos, Ana, que sae con UxÃo, quen non cae ben á panda da súa noiva. O escenario é o verán nunha vila mariñeira. Alà todos van vivir algunhas das formas de entender as amizades, as relacións de parella e o desenvolvemento dun amor amargo. Para establecer as actividades elaborouse un programa con propostas de traballo e editouse unha GuÃa do profesorado contendo pautas para utilizar a novela.