Ourense, 23 de xaneiro de 2020.- Os concellos de Xunqueira de AmbÃa, Nogueira de RamuÃn e Piñor acollerán a "I Copa Ourense Termal – 3H Resistencia BTT", os dÃas 26 de xaneiro, 9 de febreiro e 1 de marzo, respectivamente. A presentación deste evento deportivo tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; os alcaldes de Nogueira de RamuÃn, Xunqueira de AmbÃa e Piñor, César Parente, José Luis Gavilanes e José Luis González; o xefe do servizo provincial de Deportes da Xunta, Manuel Pérez; e o presidente e o secretario do Club Ciclista Ourense Termal, Daniel RodrÃguez e Toño Rivas.
A Deputación de Ourense colabora con este evento que "xorde coa creación do "Ourense Termal Club Ciclista", un club que pretende fomentar o ciclismo de montaña na nosa provincia", dixo Rosendo Fernández, quen afirmou que froito da colaboración pública e privada "nace un formato novidoso de competición en Ourense que aspira a ser un evento de referencia en Galicia e no Norte de Portugal".
No Concello de Xunqueira de AmbÃa, o 26 de xaneiro, a proba terá un percorrido de 7´52 quilómetros que comezará desde a Praza San Rosendo. O dÃa 9 de febreiro, a competición trasladarase ata Nogueira de RamuÃn onde os participantes poderán gozar dun circuÃto de 6 quilómetros que comezará na Praza de Luintra. E, por último, o Concello de Piñor acollerá a proba o dÃa 1 de marzo cun percorrido de 7,9 quilómetros que dará comezo no Campo de Arenteiro. Tódalas probas serán desde as 10.00 ás 13.00 horas.
Toño Rivas explicou que se trata dunha nova competición coa que pretendemos "atraer a xente de fóra, incentivando con premios económicos que ascenden a un total de 2.400 euros", mentres que Daniel RodrÃguez dixo que esta proba vai a permitir ensinar aos participantes "o patrimonio natural e paisaxÃstico da nosa provincia".
Os interesados en participar poderán inscribirse nas categorÃas de individual feminina, individual masculina, e relevos (equipos de dous corredores e equipos de 3 corredores). A inscrición realizarase a través da páxina www.sportmaniacs.com ata o dÃa 23 de xaneiro para a de Xunqueira de AmbÃa, o dÃa 6 de febreiro para a de Nogueira de RamuÃn, e o dÃa 27 de febreiro para a proba en Piñor. "Actualmente hai preto de 150 inscritos", dixo o alcalde de Xunqueira de AmbÃa, quen salientou a importancia de celebrar este tipo de eventos para revitalizar o rural "con actividades culturais e deportivas que dinamizan a economÃa".
Pola súa parte, César Parente agradeceu á organización que a competición tamén se desenvolva en Nogueira de RamuÃn situado "no corazón da Ribeira Sacra para continuar a promocionala e lograr que sexa declarada Patrimonio da Humanidade". Neste mesmo sentido, o alcalde de Piñor reafirmou a aposta do seu municipio a prol do deporte desenvolvendo diferentes probas.