Ourense, 27 de xaneiro de 2020.- O documental "Caminos de tierra" xa ten data de estrea, será o vindeiro xoves, 30 de xaneiro, ás 20.00 horas, no Teatro Principal, cando os espectadores poderán coñecer o resultado deste proxecto no que tres mozos ourensáns viviron a aventura de promocionar Ourense nunha viaxe por Europa cunha caravana autosostible para demostrar o potencial das enerxÃas renovables e o atractivo turÃstico da nosa provincia. A presentación do documental tivo lugar hoxe na sala de prensa do Pazo Provincial, acto no que participou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o responsable de marketing dixital do documental, Nacho Sola; o condutor e o técnico deportivo, Andrés Gonzalo; e o produtor, José Antonio Quintas.
Este proxecto, presentado o 11 de abril de 2019, convértese no "primeiro documental rodado integramente con enerxÃas renovables, no que tres persoas percorreron en 45 dÃas 11 paÃses cunha caravana dos anos 80 que leva como lema "Caminos de Tierra" e con imaxes que promocionan a provincia de Ourense", lembrou o presidente do goberno provincial.
Desde a Deputación de Ourense "apoiamos este proxecto desde o primeiro momento porque nos pareceu un medio importante de promoción da provincia, poñendo en valor, non só co seu discurso e coa súa información, senón co aspecto externo da caravana que amosa algunhas das cuestións máis importantes que representan á perfección o atractivo turÃstico da nosa terra, desde a Ribeira Sacra ao termalismo", dixo Manuel Baltar.
Este documental é "un produto experiencial importante e único, unha magnÃfica ventá da provincia de Ourense que ten tódolos compoñentes que procuramos desde o principio: a súa internacionalidade, o dinamismo que proxectan os tres protagonistas, e as ganas de compartir, a través dunha vivencia como esta, os milleiros de experiencias que se poden vivir nunha provincia como a nosa", explicou o presidente da Deputación de Ourense.
Pola súa parte, José Antonio Quintas agradeceu á Deputación por "formar parte e crer desde o primeiro momento en que este proxecto podÃa ser posible porque era moi ambicioso rodar un primeiro documental integramente con equipos cargados con enerxÃa solar". Para elo, a caravana empregada na aventura é un modelo de 1986 que foi restaurada e equipada por paneis fotovoltaicos con capacidade para cubrir as necesidades de electricidade da aventura e que está rotulada con algunhas das imaxe máis representativas de Ourense.
O resultado desta viaxe é unha produción que aglutina "turismo, poñendo a Ourense á cabeza entre as cidades máis representativas de Europa as cales poderemos ver na pelÃcula, e tamén temos esa parte de aventura onde tres ourensáns recorren Europa durante 45 dÃas, dando visibilidade a como Ourense contribúe coa sostibilidade" explicou José Antonio Quintas.
Esta viaxe promocional, que conectou esta Galicia coa Galitzia polaca, discorreu por 11 paÃses (España, Francia, Mónaco, Italia, Austria, HungrÃa, Polonia, República Checa, Alemaña, PaÃses Baixos y Bélxica), en 45 dÃas co obxectivo de poñer en valor e deixar testemuña do potencial das enerxÃas renovables aplicadas ao transporte e do atractivo turÃstico da provincia de Ourense.