Ourense, 12 de marzo de 2020.- A Deputación de Ourense organiza a 6ª Semana Escolar da Ãrbore e da Auga na que participarán 9.025 escolares procedentes dos 90 centros escolares inscritos que, do 16 ao 20 de marzo, realizarán as actividades previstas para esta edición. A presentación desta iniciativa tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e o autor do conto ilustrado realizado para esta edición, Xosé Antonio Perozo.
A actividade, convocada pola Deputación de Ourense para celebrar os DÃas Mundiais da Ãrbore e da Auga que teñen lugar os dÃas 21 e 22 de marzo, "recibiu un ano máis unha excelente acollida por parte dos centros que imparten Educación Primaria na nosa provincia, coa inscrición de 90 CEIP, CPI e CPR", salientou Rosendo Fernández. Neles, 772 docente realizarán co seu alumnado as actividades propostas. Neste sentido, Xosé Antonio Perozo salientou a crecente acollida desta iniciativa porque "cada ano foi subindo o número de participantes o que demostra que o sistema funciona".
Para esta ocasión, a Deputación de Ourense editou o conto ilustrado O castiñeiro dos desexos, cunha historia de ficción adecuada aos cursos de primaria. Neste conto, protagonizado polo conde Froiaz, a condesa Catarina, o seu fillo Egas, a súa filla Aldara e a vella Ana Perena, a OurensanÃa convértese nun territorio mÃtico. Os escolares realizarán unha viaxe pola natureza do noso territorio, as súas árbores, rÃos e animais máis sobranceiros e coñecerán a existencia da VÃa Nova.
"Cada ano escollemos unha árbore e nesta edición está dedicado ao castiñeiro, e a través dunha lenda galega da que fixen a miña propia versión, pretendemos ensinarlle ao alumnado os valores do castiñeiro, dos seus produtos, dos soutos e que coñezan as súas vantaxes", explicou Perozo.
O castiñeiro dos desexos creouse baixo criterios didácticos para que o alumnado goce e aprenda máis coñecementos das augas e das árbores que abundan na nosa provincia. Ademais, para establecer as actividades elaborouse un programa con propostas de traballo e editouse unha GuÃa do profesorado con pautas para que os docentes utilicen os libros que recibirán todos os alumnos inscritos.
Asà mesmo, o dÃa 20 de marzo, como conclusión da semana e as actividades, ás 12.00 horas, os centros participantes procederán á plantación e bautizo dun pé de castiñeiro, tamén remitido pola Deputación a todos os centros participantes.