Ourense, 27 de setembro de 2020.- A edición número 25 do Festival de Cine de Ourense homenaxeou esta mañá ao seu fundador e director do primeiro certame, Eloy Lozano. Un acto de lembranza a unha figura multidisciplinar e poliédrica "aproveitando os 25 anos dun certame que hoxe é unha realidade consolidada: o festival de referencia de Galicia". Asà o asegurou Miguel Anxo Fernández, director artÃstico do OUFF, nun acto presentado por Iria Sobrado e que contou coa participación de Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense e Eduardo Galán, autor dunha monografÃa adicada á figura do cineasta, e Delfina Meire, a primeira actriz que rodou con Eduardo Lozano "Retorno a Tagen Ata" na Merca.
"Artista multidisciplinar, home do Renacemento, figura complexa", asà define Eduardo Galán a presenza de Eloy Lozano no mundo do cine e audiovisual galego. Un artista "borderline, que querÃa traer a Ourense un cinema fóra dos circuitos. O seu cinema no era tampouco un cinema comercial que busque ao público de forma directa senón que o público debe buscalo".
A monografÃa feita por Eduardo Galán, que lembra a traxectoria de quen foi unha figura imprescindible do audiovisual galego, foi o preludio da proxección da súa longametraxe "As belas dormentes". "Un filme dunha consistencia plástica e unha beleza inmensa", destacou Galán, "un autor capaz de crear Belas dormentes debe ser recordado sempre".
"Eloy Lozano, o cineasta que devorou a luz"
Baixo este tÃtulo está a monografÃa que o crÃtico de cine e escritor Eduardo Galán fixo lembranza de Eloy Lozano. O libro recorda a obra de Lozano a través das conversas que o seu autor mantivo cos seus familiares, amigos e colaboradores, entre eles Xavier Bermúdez, que inaugurou a 25 edición do Festival de Cine de Ourense, e coñeceu a Lozano na súa estancia de xuventude en Madrid "onde se curtiu nesta profesión que é a de crear soños". Tamén das súas propias lembranzas, xa que Galán e Lozano eran coñecidos e traballaron xuntos.
A publicación de "Eloy Lozano, o cineasta que devorou a luz" forma parte do catálogo de obras propias que o OUFF recuperou hai tres anos, e que nas pasadas edicións repasaron tamén a traxectoria do cineasta Xavier Bermúdez e a produtora Vaca Films.
Bellas Durmientes
Foi a única pelÃcula de Eloy Lozano dentro dunha filmografÃa na que destaca a súa produción documentalista. O filme foi rodado en Galicia, en inglés, e adapta unha obra do Premio Nobel Yasunari Kawabata. Conta cun reparto internacional liderado por Clive Arrindell, o coñecido rostro dos anuncios do Sorteo de Nadal da LotarÃa Nacional.
Eloy Lozano foi un profesional multidisciplinar. Traballou sobre todo no mundo da publicidade, "que serÃa un libro ao marxe" como recoñece Eduardo Galán, aÃnda que deixou unha pegada imborrable no cine. Ademais de dirixir a primeira edición do certame ourensán, daquela Festival de Cine Independente de Ourense (1996), realizou a primeira curtametraxe en 35 milÃmetros rodada en galego, "Retorno a Tagen Ata". Nos anos oitenta realizou traballos innovadores como "Numeralia" ou "Catro escultores". Posteriormente realizou unha serie de televisión sobre arquitectura contemporánea, titulada "Idea e Territorio" e máis o documental "Quen son?" (2008) onde reflexionaba sobre a identidade galega. Impulsou a restauración do filme "O carro e o home", rodado en 1941, e fundou a produtora Off Filmes.