Ourense, 12 de abril de 2021.- A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida hoxe en sesión telemática baixo a presidencia de Manuel Baltar, aprobou a concesión de preto de 126.000 euros en achegas nos ámbitos da cultura, servizos sociais e cooperación cos concellos. No capÃtulo cultural, deu luz verde a senllas subvencións para gastos de funcionamento ás fundacións Curros EnrÃquez, por valor de 26.000 euros, e Otero Pedrayo por importe de 35.000 euros, mentres que no ámbito dos servizos sociais aprobouse unha achega de 21.000 euros con destino á Fundación para a Protección de Discapacitados PsÃquicos da comarca de VerÃn.
No tocante a cooperación, o Concello de Castrelo do Val recibirá unha axuda de 9.866 euros para unha instalación solar fotovoltaica de autoconsumo para as instalacións municipais. Ademais, o Concello de MuÃños contará cunha achega de 34.000 euros para o cofinanciamento do plan IDAE 2020, de renovación do alumeado público.
Posteriormente, celebrouse a reunión telemática do Comité de seguimento do COVID-19, onde se analizou a evolución das cifras referidas á pandemia e dos datos correspondentes á modalidade de teletraballo que se desenvolve nos centros e instalacións da Deputación.