Ourense, 26 de abril 2021.- A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida por vÃa telemática e baixo a presidencia de Manuel Baltar, aprobou hoxe destinar preto de 150.000 euros a servizos sociais, infraestruturas e cultura. En concreto, aprobou unha achega de 96.000 euros para a Fundación Aspanas, para realizar diversas obras nas instalacións da entidade; e unha subvención de 5.000 euros, dirixida ás feiras do libro que organizará a Federación de Libreiros de Galicia. Tamén aprobou a modificación do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial no Concello de VilamarÃn, para o proxecto de mellora da capa de rodadura na estrada entre Montós, Marcelle e A Raña, cun orzamento de 48.000 euros. Ademais, aprobouse un expediente de expropiación forzosa para a execución das obras de acondicionamento e mellora integral da OU-0509, entre LuÃntra e Esgos, na demarcación deste último concello.
Trala Xunta de Goberno celebrouse, tamén por vÃa telemática, a reunión do Comité de seguimento do COVID-19 para estudar os últimos datos sobre o impacto da crise sanitaria, asà como os referidos ás distintas instalacións da Deputación nas que está en marcha a modalidade de teletraballo.