• O certame, convocado pola Deputación de Ourense e dotado con 1.500 euros, ten como obxectivos apoiar á literatura infantil e xuvenil, fomentar a lectura entre este tipo de público e rememorar a estas escritoras ourensás
Ourense, 17 de xuño de 2021.- O vindeiro 15 de xullo rematará o prazo de presentación de textos para a modalidade de narración do XVIII Premio "Pura e Dora Vázquez", certame literario que a Deputación Provincial de Ourense convoca todos os anos e que está dotado con 1.500 euros. Tal e como recollen as bases, aprobadas na Xunta de Goberno da Deputación do dÃa 31 de maio de 2021, e publicadas no BOP, nº 127 do luns, 7 de xuño do 2021, poderán optar a este galardón traballos de temática libre, sempre adaptada ao público infantil e xuvenil. Os textos deberán estar redactados en lingua galega e serán inéditos e orixinais, cumprindo todas as indicacións establecidas nas bases da convocatoria.
A presentación dos orixinais poderá realizarse de maneira presencial no rexistro da Deputación de Ourense ou por correo certificado, dirixido a este rexistro. Neste último caso, será necesario remitir unha copia do xustificante do envÃo, indicando a data de presentación que figura no documento postal ao enderezo electrónico This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
O xurado deste premio estará composto polo presidente da Deputación de Ourense ou persoa na que delegue, e cinco vogais escollidos entre os distintos ámbitos da cultura galega e designados pola comisión de Cultura, Deportes e Mocidade a proposta dos grupos polÃticos da Corporación. A función de secretaria do xurado corresponderalle á xefa da Sección de Arquivo e Publicacións da Deputación.
A institución provincial publicará a obra premiada, xunto coas láminas gañadoras na modalidade de ilustración en forma de libro que distribuirá en librerÃas e bibliotecas, cumprindo asà cos distintos obxectivos deste certame.