A Insua do Poetas recolle o relevo como escenario do festival “OurenRock Sound 2021”

Presentacion OurenRock 21 1

• Iván Ferreiro e o dúo MClan encabezan o cartel de artistas que do 27 ao 29 de agosto actuará no espazo de natureza e poesía da Esgueva, no Carballiño.

Ourense, 25 de agosto de 2021.- A Insua dos Poetas, no Carballiño, tomará do 27 ao 29 de agosto o relevo como escenario do festival "OurenRock Sound 2021", cuxa presentación tivo lugar hoxe no espazo de natureza e cultura da Esgueva (Madarnás) coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, que comprometeu o apoio da institución provincial, como patrocinador principal, "para que ano tras ano este evento siga a coller músculo e se convirta en todo un referente musical non só en Ourense, senón no resto de Galicia, no noroeste de España e de Portugal".

"Sen dúbida –dixo Baltar- é o que merecen os promotores deste festival, que foron quen de xuntar un cartel con artistas de diferentes estilos musicais que, acostumados a tocar en espazos de características moi semellantes, van facer unha parada nun lugar único onde se xuntan a natureza e a poesía". Ademais de felicitar aos organizadores, o presidente provincial tamén tivo palabras de agradecemento a Luis González Tosar por acoller o festival na Insua dos Poetas, así como ao traballo realizado pola área de Cultura que dirixe Aurelio Gómez Villar, "porque este tipo de eventos aportan cultura e lecer, pero ademais singularizan e visibilizan un espazo como este".

No acto de presentación tamén participaron o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; o presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar; e o promotor do festival, Rubén Álvarez.

O "OurenseRock Sound 2021. XS Edición Limitada" alcanza a súa segunda edición nun formato diferente aos anteriores eventos, cun aforo de 600 prazas adaptado aos protocolos sanitarios contra a Covid-19. Na primeira xornada, o venres 27, actuarán no auditorio da Insua do Poetas o grupo galego Dakidarría, que fusiona diferentes estilos e ritmos urbanos e que tras quince anos de traxectoria xa ten editados oito discos. O segundo concerto correrá a cargo da banda TanDuB, onde se mesturan música galega e de Marrocos.

O sábado 28 o público poderá gozar dun dos referentes actuais da música indie en España, Iván Ferreiro, que xa espertou un enorme interese do público quedando tan só 90 entradas para o seu concerto. Nesta xornada tamén actuará Indomable, artista galego con música en formato acústico y en solitario.

O festival pechará a presente edición o domingo 29 con Carlos Tarque e Ricardo Ruipérez, os supervivintes de MClan, cun formato acústico auténtico e que xa levan vendido máis do 70 % das entradas. Lau, cantante coruñesa de ascendencia brasileira, será a segunda invitada nesta xornada.