
• O presidente da Deputación participou hoxe no Convento de Santa MarÃa A Real de Oseira na homenaxe que o concello tributou a unha das mulleres lÃderes no mundo en transplante cardÃaco, "contribuÃndo a visibilizar a enorme riqueza humana e profesional de mulleres que, ben por nacemento ou por ascendencia, levan o nome de Ourense e dos seus distintos territorios polo mundo"
Ourense, 11 de setembro de 2021.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou hoxe na homenaxe que San Cristovo de Cea tributou á doutora Marisa Crespo Leiro, todo un referente internacional no ámbito da insuficiencia cardÃaca e do transplante de corazón, que esta mañá recibiu no Convento de Santa MarÃa A Real de Oseira o tÃtulo de Filla Predilecta do Concello. "Un máis que merecido recoñecemento a unha traxectoria profesional de indubidable proxección mundial, pero tamén a unha muller que destaca polo seus valores persoais e a súa calidade humana", asegurou Baltar.
Tralo acto, ao que ademais do alcalde, José Luis Valladores, e membros da corporación tamén asistiron o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, o presidente provincial felicitou ao concello e á veciñanza de San Cristovo de Cea "por unha homenaxe que contribúe a visibilizar a enorme riqueza humana e profesional de mulleres que, ben por nacemento ou por ascendencia, levan o nome de Ourense e dos seus distintos territorios polo mundo", lembrando asà tamén a entrega esta mesma semana do Premio OurensanÃa 2020 á directora de Saúde Pública da OMS, MarÃa Neira, cuxa familia é oriúnda do Barco de Valdeorras.
Engadiu Baltar o acaÃdo do himno de Ourense, interpretado para pechar o acto, "cuxas últimas palabras son patria do corazón, ese corazón ao que se dedica a doutora Crespo desde hai anos e que levamos todos os ourensáns desde hoxe co seu nome".
A corporación municipal de San Cristovo de Cea aprobou no pleno celebrado en xuño de 2020 o inicio do expediente para nomear á Marisa Crespo como Filla Predilecta do Concello, "tendo en conta –sinala a acta- os valores persoais, os méritos profesionais e o recoñecemento xeral que obtivo a doutora, ligada ao concello coa súa vivenda familiar no lugar de Santrós". Unha traxectoria que para o alcalde, José Luis Valladares, "cumpre sobradamente as calidades para o seu recoñecemento pola corporación municipal".
Marisa Crespo, que ademais de lembrar aos seus pais fixo na súa intervención "un exercicio de gratitude, que a nai de todas as virtudes, dirixe a Unidade de Insuficiencia CardÃaca e Transplante de Corazón no servizo de cardioloxÃa do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). Profesora titular de Medicina na Universidade da Coruña, forma parte do Comité de Educación da Sociedade Europea de CardioloxÃa e ten publicados máis de 250 traballos cientÃficos. Elixida pola revista cientÃfica Circulation como unha das mulleres lÃderes no mundo en transplante cardÃaco, en 2020 recibiu a medalla de Ouro e Brillantes do Colexio Oficial de Médicos da Coruña, que destacou as súas calidades humanas e a súa entrega e dedicación aos pacientes, asà como a súa contribución á mellora da organización da asistencia da insuficiencia cardÃaca, tanto en Galicia como no resto de España.