Lola Doporto inaugura no Marcos Valcárcel a exposición “Saudade de soños”

Expo Lola Doporto

Ourense, 7 de outubro de 2021.- Baixo ou título de "Saudade de soños", a pintora valdeorresa Lola Doporto inaugurou esta tarde unha exposición cos seus traballos máis recentes e nos que deixa aflorar de maneira evidente ou seu subconsciente plástico, como recoñece a crítica de arte Tareixa Taboada.

A pintura de Lola Doporto, chea de marionetas, paxaros ou touros, amosa cada día un maior vitalismo e transmite unha enerxía especial, tal e como recoñeceu na inauguración o vicepresidente da Deputación Rosendo Fernández.

Con 38 obras de diferentes formatos, a pintora entra nun labirinto creativo que convida ao espectador a transitar e a descubrir por se mesmo. A exposición poderá visitarse ate o 21 de novembro.