
• No Teatro Principal de Ourense, onde se celebrou o acto de entrega da distinción, o presidente provincial Manuel Baltar destacou que o galardoado entra hoxe "nunha relación de gañadores con total xustiza porque, ademais da túa exitosa traxectoria nacional e internacional, sempre exhibes con orgullo a túa condición de ourensán", pedÃndolle que "alumees propostas e apoies as nosas no desenvolvemento do deporte en Ourense"
• Agradecido "por nomearme como un cidadáns embaixadores de Ourense", Alejandro Blanco prometeu exercer con orgullo o seu novo cometido "representando a Ourense e a todos os seus cidadáns, en España e no resto do mundo, do mesmo xeito que represento ao olimpismo no 206 comités olÃmpicos do mundo", pedindo expresamente que se manteña "o empeño de construÃr a cidade e a provincia termal"
• O xurado acordou conceder a Alejandro Blanco este galardón "por toda unha traxectoria vital e profesional dedicada ao mundo do deporte, tanto desde a práctica persoal como polo seu destacado papel na defensa do labor que realizan as federacións deportivas, pero sobre todo como firme valedor do movemento olÃmpico"
Ourense, 11 de novembro de 2021.- O presidente do Comité OlÃmpico Español, Alejandro Blanco, recibiu hoxe o Premio OurensanÃa 2021 no transcurso do tradicional e solemne acto que se celebra no Teatro Principal da cidade coincidindo coa festividade de San Martiño, patrón de Ourense, e que contou coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asà como coa presenza do presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices. Todos eles acompañados por representantes dos ámbitos institucional, cultural, económico e social da provincia e do resto de Galicia, pero tamén cunha importante asistencia de representantes de federacións deportivas pertencentes ás modalidades que tiveron e terán destacadas competicións en territorio ourensán como o remo, piragüismo, ciclismo, balonmán, atletismo ou bádminton.
Alejandro Blanco recibiu o Premio OurensanÃa 2021, segundo recolle a acta do xurado, "por toda unha traxectoria vital e profesional dedicada ao mundo do deporte, tanto desde a práctica persoal como polo seu destacado papel na defensa do labor que realizan as federacións deportivas, pero sobre todo como firme valedor do movemento olÃmpico, o que lle valeu o recoñecemento ao seu traballo por parte do Comité OlÃmpico Internacional".
Manuel Baltar afirmou que, con este galardón, "recoñecemos en Alejandro Blanco un exemplo dos valores deportivos, o sacrificio, o afán de superación, o traballo en equipo, e do compromiso cunha terra que fabrica medallas". Hoxe, sinalou, "entras nunha relación de gañadores do Premio OurensanÃa con total xustiza, unindo o teu apelido a outros ilustres desta terra como Barreiros, Prego ou TaÃn, porque, ademais da túa exitosa traxectoria nacional e internacional sempre exhibes con orgullo a túa condición de ourensán".
No galardoado, destacou o presidente provincial, "vemos ao xestor deportivo internacional, chamado para lograr consensos e solucionar conflitos, á persoa de concordia" que por quinta vez consecutiva vai liderar o Comité OlÃmpico Español. "Tiña que ser un de Ourense", dixo.
Como persoa distinguida "para que sigas sendo exemplo de compromiso e bonhomÃa ourensá", pediulle Baltar que "alumees propostas e apoies as nosas no desenvolvemento do deporte en Ourense, nunha provincia onde implantamos un ecosistema de turismo deportivo no que teñen cabida desde a estación de montaña de Galicia, Manzaneda, ata o Parque Náutico de Galicia en Castrelo de Miño; onde veñen seleccións internacionais de remo e piragüismo a preparar os Xogos OlÃmpicos e campionatos internacionais; o Ourense capital do hóckey en Galicia; a candidata a sede do Campionato Europeo de Balonmán en 2028; ao Ourense do ciclismo". A unha provincia, en definitiva, "dos clubs e deportistas que tantos éxitos e orgullo de seu nos teñen dado durante toda a historia". E desde hoxe, engadiu "contigo a OurensanÃa será máis rápida, máis alta e máis forte", facendo asà referencia ao lema do olimpismo.
O mes de Ourense
En novembro, no mes de Ourense, sinalou Manuel Baltar, "celebramos novamente a OurensanÃa, que máis que un concepto é un sentimento de pertenza a unha terra, a un pobo e a unha cultura bimilenaria viva, que perdura". Unha "Afirmación de OurensanÃa" definida polo poeta LuÃs González Tosar e publicada hai dez anos nun dÃa como hoxe (11 do 11 de 2011) e subscrita por escritores, artistas, cineastas ou xestores culturais, "por homes e mulleres libres e creativos que participan e lexitiman o noso xeito, o "proprio", de percorrer e de interpretar o mundo".
Destacou Baltar a celebración do acto no Teatro Principal, situado na rúa da Paz "na que naceron Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, XoaquÃn Lourenzo e mesmo Eduardo Blanco Amor", citando a máis dunha vintena de intelectuais e emblemas da cultura ourensá que "como grandes inmortais deron resposta á terra nutricia con sentimento e emoción, con humor e talento, baixo a divisa universal da ilustración, erguida por frei Benito Jerónimo Feijóo, o sabio de Casdemiro".
Unha OurensanÃa que neste 2021, apuntou, "deu máis exemplos da universalidade dun sentimento único, auténtico, revelado na personalidade creativa e traxectoria de persoas que representan moito para esta provincia", aludindo a Basilio Ãlvarez, o abade de Santa Olaia de Beiro; a José Luis Cuerda, Fillo Adoptivo da provincia; a Alfredo Conde, Fillo Predilecto; e a Manuel Villanueva que vén de ser proposto para a distinción de Fillo Adoptivo.
Profundou o presidente provincial no concepto de OurensanÃa, "que tamén é a nosa lingua propia, que cumprÃndose o pasado 30 de outubro os 101 anos da aparición do primeiro número da revista Nós, foi a cerna do manifesto que as deputadas e deputados que apoiamos o goberno provincial asinamos no concello do Irixo despois de facer un tramo do chamado "Camiño de Nós", outra aposta cultural desta provincia, culta e literaria con maiúsculas".
Precisamente rematou cunhas palabras de Eduardo Blanco Amor no número 145 de Nós, onde o escritor definÃa o ourensanismo como "unha sorte de deslocalización, refinamento e transcendencia do pulo galeguizante; dunha sorte de filtro ourensán que sempre se traduce en compromiso, que condiciona e que decanta, que enche as eivas, que complementa con fina ironÃa crÃtica, que vai por diante".
Cidadán embaixador de Ourense
Agradecido "por nomearme como un cidadáns embaixadores de Ourense", Alejandro Blanco lembrou a súa historia de barrio na capital, "feliz e despreocupado", e como descubriu o cine no propio Teatro Principal, asegurando que grazas a este premio crea "un novo vÃnculo con esta terra, tendo o privilexio pero tamén o deber de asumir este novo cometido, que prometo exercer con orgullo, representando a Ourense a todos os seus cidadáns, en España e no resto do mundo, do mesmo xeito que represento ao olimpismo no 206 comités olÃmpicos do mundo".
Blanco invitou aos presentes a reflexionar sobre a transcendencia da palabra cidadanÃa "como identidade de ourensáns e de dous dos seus máis importantes valores: o traballo e o esforzo", subliñando que a OurensanÃa "non ten fronteiras e xunto coa nosa lingua, cultura e gastronomÃa é un patrimonio que debe ser compartido co resto da humanidade".
Apelou ao futuro, pedindo que se manteña "o empeño de construÃr esa cidade e provincia termal, para deixar unha herdanza ás sucesivas xeracións e darlles un motivo de orgullo para seguir ligados a esta terra, de tal xeito que veñan as oportunidades de traballo, riqueza e prosperidade", ao tempo que pediu a Manuel Baltar que persista "no seu proxecto internacional, onde o deporte é un cómplice imprescindible", ofrecéndose a traballar xuntos neste obxectivo.
Alberto Núñez Feijóo falou da Galicia universal de Vicente Risco e as orixes do movemento olÃmpico sinalando que ambas as dúas citas "teñen como común denominador ao premiado, un ourensán ilustre sen cuxo nome non se entende o olimpismo español e internacional". Alejandro Blanco, dixo, "é un compendio desas virtudes que permiten que os aneis olÃmpicos sexan unha bandeira na que nos podamos recoñecer todos".
O acto de entrega do Premio OurensanÃa 2021 principiou cunha recepción oficial no Pazo Provincial, ao que seguiu o tradicional percorrido a pe do premiado e os presidentes provincial, autonómico e do Parlamento galego ata o Teatro Principal, acompañados pola Real Banda de Gaitas. O galardoado recibiu unha figura de bronce, obra do escultor Xosé Cid, e unha copia da acta do xurado. A gala incluÃu a proxección de vÃdeos sobre a traxectoria persoal e profesional do premiado, de felicitacións de medallistas olÃmpicos e de Ourense e os seus principais recursos, xunto coa interpretación de dúas pezas musicais a cargo de Natalia Kendra e, para rematar, a interpretación a cargo da Coral de Ruada de "Ourense ao lonxe" e "Ourense no solpor", himno oficial da provincia de Ourense.
Unha vida dedicada ao deporte
O Premio OurensanÃa, que concede a Deputación, é un recoñecemento honorÃfico a aqueles ourensáns ou persoas vinculadas á provincia de Ourense que teñen destacado nas súas facetas profesionais, sociais ou intelectuais.
Na súa edición 2021, o xurado decidiu por unanimidade conceder esta distinción a Alejandro Blanco Bravo, presidente do Comité OlÃmpico Español, "pola súa traxectoria vital e profesional dedicada ao mundo do deporte, tanto desde a práctica persoal como polo seu destacado papel na defensa do labor que realizan as federacións deportivas, pero sobre todo como firme valedor do movemento olÃmpico, o que lle valeu o recoñecemento ao seu traballo por parte do Comité OlÃmpico Internacional". O xurado valorou tamén "o esforzo do presidente do Comité para afrontar os Xogos OlÃmpicos de Tokyo, uns dos máis difÃciles da historia polas circunstancias sanitarias de todos coñecidas e que foron todo un éxito para o noso paÃs, pois o 55,5 % dos deportistas que representaron a España están entre os oito mellores do mundo, sexan medallistas ou obtiveran diploma olÃmpico". Ademais, destaca a acta do premio, "España foi o terceiro paÃs con máis representación no deporte por equipos, tan só por detrás de Estados Unidos e Australia, o que supón un éxito engadido.
O xurado, presidido Manuel Baltar, estivo integrado polos vogais Luis González Tosar, Miguel Anxo Fernández, Juan Luis Saco, Jesús de Juana, Maribel Outeiriño, Manuel Guede, Eva Torres como portavoz, Patricia Torres como deputada provincial de Cultura, e Aurelio Gómez Villar como secretario.
Alejandro Blanco Bravo (Ourense, 1950), licenciado en Ciencias FÃsicas, está vinculado no ámbito deportivo ao judo, no que é cinto negro 7º Dan, ademais de adestrador e árbitro. Ocupou varios cargos directivos nesta disciplina, chegando en 1993 á presidencia da Real Federación Española de Judo e Deportes Asociados. Foi ademais un dos destacados impulsores da constitución en 2003 da Confederación de Federacións Deportivas Españolas. En setembro de 2005 foi nomeado presidente do Comité OlÃmpico Español, sendo reelixido en 2009, 2013 e 2017, sendo o próximo 1 de decembro cando iniciará o seu quinto mandato. Blanco Bravo foi designado polo Comité OlÃmpico Internacional en diversas ocasións como mediador para Sudamérica na resolución de conflitos entre os comités nacionais e os seus respectivos gobernos. Eloxiado polo propio COI polo seu traballo, destaca tamén pola firme defensa da independencia do movemento olÃmpico e do deporte e do papel que representan as diversas federacións deportivas.