A deputada Luz Doporto participou na entrega de premios da proba solidaria de Pereiro

Trail Andaina Pereiro 2022

Ourense, 30 xaneiro de 2022.- A deputada de Igualdade e Reto Demogr谩fico da Deputaci贸n de Ourense, Luz Doporto, participou esta ma帽谩 na entrega de premios do trail do Pereiro e andaina "Roteiro Sicenata Pacata". A proba, organizada pola asociaci贸n de meni帽as e nenos e xente xove con diabete (Anedia) coa colaboraci贸n de Deputaci贸n de Ourense e o Concello de Pereiro de Aguiar, reuniu a m谩is de catrocentos participantes nun roteiro que reivindica a riqueza patrimonial do municipio.