Minuto de silencio en memoria das vítimas no naufraxio do buque galego “Villa de Pitanxo”

Minuto de silencio polas vitimas do Villa de Pitanxo

Ourense, 16 de febreiro de 2022.- A Deputación de Ourense rendeu esta mañá unha homenaxe ás vítimas do naufraxio do buque galego "Villa de Pitanxo". Funcionarios, representantes dos grupos politicos e persoal eventual da institución provincial gardaron no Pazo Provincial un minuto de silencio en memoria dos falecidos nesta traxedia sucedida en Terranova, con 10 mortos e 11 tripulantes do pesqueiro desaparecidos.