A iniciativa está dirixida a nenos de entre 8 e 11 anos e desenrolarase en colexios de toda a provincia de Ourense ata o 30 de xuño
Ourense, 16 de febreiro de 2022.- A Deputación de Ourense, como beneficiaria do Proxecto Emprende Makers, proxecto cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa INTERREG V A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, levará a cabo dende mañá no CEIP Valle-Inclán de MuÃños formación para nenos en tecnoloxÃa maker "Espacios Kids" en centros educativos de toda a provincia.
Esta iniciativa está dirixida a nenos e nenas de entre 8 e 11 anos, pretendendo inicialos nas "tecnoloxÃas maker", combinándoo co desenvolvemento da intelixencia, a creatividade e a imaxinación mediante actividades lúdicas e educativas. Dentro do proxecto levaranse a cabo obradoiros prácticos, co material e equipamento necesario, de iniciación ao deseño e á impresión 3D, iniciación á creación con "Makey Makey" e á electrónica interactiva, iniciación á robótica e a "scratch" e "gamemakers" -deseño e creación de videoxogos-. Todo elo realizarase baixo a filosofÃa do "faino ti mesmo", a "metodoloxÃa lean" e o "learning by doing", a través de talleres extraescolares en horario lectivo, cunha duración de entre 2 e 4 horas por taller.
Participan centros escolares de toda a provincia
As actividades comezarán mañá xoves, 17 de febreiro, no CEIP Valle-Inclán de MuÃños e chegarán a diferentes centros educativos da provincia ata o 30 de xuño. De momento os centros confirmado son: CEIP Plurilingüe de Maceda, CEIP Padre Feijoo (Allariz), CEIP XoaquÃn Lourenzo Xocas (Bande), CEIP de Sandiás, CEIP Plurilingüe de Os Blancos, CEIP Xuvencos (Boborás), CEIP de Beariz, CEIP Irmáns Villar (Ourense), CEIP Vistahermosa (Ourense), CPI Antonio FaÃlde (Ourense), CEIP Curros EnrÃquez (Ourense), CEIP de Castrelo de Miño, CEIP Plurilingüe de Ribadavia, CEIP Virxe de Guadalupe (Avión), CPI Virxe dos Remedios (Castro Caldelas), CEIP Rogelio GarcÃa Yáñez (Ramirás), CEIP Joaquina Gallego Jorreto (A Merca), CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso (Trives), CEIP Manuel Respino (A Rúa), CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa (O Barco), CEIP Eduardo Ãvila Bustillo (A Veiga), CEIP de O Bolo, CEIP Vicente Risco (Cualedro), CEIP de OÃmbra, CEIP de Bibei (Viana) ou o CPI Laureano Prieto (A Gudiña). Ata o 30 de xuño esperase chegar a máis centros dos xa confirmados.