O presidente da Deputación abriu este evento, celebrado no Teatro Principal, remarcando o modelo inclusivo liderado por esta organización: "Administracións e empresas debemos comprender e asumir a filosofÃa de Cegasal. Eles non piden subvencións senón empregos". Manuel Baltar lembrou o firme compromiso da Deputación coa economÃa social
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou durante o seu discurso que "o emprego é o mellor camiño para lograr a plena inclusión social" e definiu o traballo de Cegasal coma "imprescindible" para Galicia
O presidente de Cegasal, que avanzou que dará un paso a un lado para abrir novos liderados na organización empresarial, aplaudiu os avances de administracións públicas e empresas galegas, sinalando que "todavÃa queda moito camiño por percorrer". José Antonio Vázquez tamén recoñeceu a actitude da Deputación de Ourense: "Nunca encontrei tantas facilidades organizativas como as postas por esta institución".
Ourense, 4 de marzo de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou este mediodÃa na gala dos 25 anos da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais sen Ãnimo de Lucro (Cegasal). Manuel Baltar inaugurou o evento, celebrado no Teatro Principal de Ourense, poñendo en valor a traxectoria da asociación presidida por José Antonio Vázquez: "Non hai moitos episodios na historia recente de Galicia coa importancia da traxectoria de Cegasal. Un camiño de 25 anos liderando a inserción laboral das persoas con discapacidade, unha cuestión absolutamente transcendental no desenrolo dun paÃs moderno".
O presidente provincial remarcou a importancia da inclusión laboral para o futuro de Galicia: "Non deberÃamos nin imaxinar unha Galicia na que milleiros de persoas queiran e poidan traballar, pero non o consigan por ter capacidades diferentes. Non hai dúbidas: penetrar no mercado laboral é sumarse á sociedade e esa suma fai paÃs. Calculen canta Galicia leva feito Cegasal dende o ano 1987". Nesta liña, o presidente da Deputación de Ourense salientou a necesidade de aprender do modelo Cegasal: "Desta asociación podemos aprender a colaboración pública-privada, a súa relación leal con administracións de diferentes signos, a responsabilidade social ou situar as persoas no centro".
Manuel Baltar aposta por blindar a cooperación entre administracións, empresas e as polÃticas inclusivas do modelo Cegasal -"non piden subvencións senón empregos"-
Manuel Baltar aposta por blindar a cooperación entre administracións, empresas e as polÃticas inclusivas lideradas por Cegasal: "Debemos comprender e asumir a importancia de que nos seus 32 centros de emprego sen ánimo de lucro non pidan subvencións senón empregos; unha filosofÃa de servizos a cambio de dignidade. Hoxe suman máis de 1.800 persoas traballando con contratos fixos en 14 tecidos produtivos diferentes mentres garanten que cada euro de beneficio se reinviste en cuestións formativas ou tecnolóxicas, aspectos prioritarios para avanzar na inserción e capacitación destes colectivos".
Manuel Baltar recibiu un recoñecemento de Cegasal a través do seu presidente, da vicepresidenta, Silvia Alende e a secretaria xeral, Esther Blanco, como recoñecemento ao apoio da Deputación de Ourense. "Nunca encontrei tantas facilidades organizativas como as que nos puxo a Deputación de Ourense", sinalou José Antonio Vázquez.
A "firme aposta" da Deputación de Ourense pola economÃa social
O presidente provincial ourensán lembrou os fortes vencellos da Deputación coa economÃa social: "Co primeiro contrato reservado da historia da institución provincial, adxudicado a Aspamadis -encárgase da limpeza de fincas e espazos da Deputación como San Pedro de Rocas-, abrimos un capÃtulo apaixonante na nosa estratexia social, un motor principal das polÃticas provinciais trazadas no plan de mandato". "Isto non é paternalismo nin caridade -destaca Manuel Baltar-. É abrir fiestras pechadas e afondar na igualdade de oportunidades: a ourensanÃa constrúese a través de aspectos clave coma a empatÃa e a sensibilidade. Témolo moi claro, e o amosamos coa nosa implicación na economÃa social en paralelo á Xunta de Galicia e a concellos como Lugo, Santiago ou Carballo. Porque esta non é unha cuestión partidista, son pasos firmes encamiñados cara a construÃr unha Galicia máis xusta".
Sinalando o "orgullo" e a "responsabilidade" de acoller en Ourense a gala dos 25 aniversario de Cegasal, Manuel Baltar avanzou que a colaboración entre a Deputación e a asociación empresarial reforzarase: "Hai un fÃo condutor entre as polÃticas inclusivas e o concello dos concellos, un goberno provincial que encaixa a visión integral e a social do territorio. Por iso, no futuro garantimos que irá a máis a alianza da Deputación e Cegasal. Porque despois de implicarse en procesos impulsados por este goberno provincial, coma a toma de decisións que levaron á instalación en Ourense do Centro de Innovación de FP Eduardo Barreiros, os seus novos proxectos amosan o liderado na empregabilidade dos colectivos con maiores dificultades para acceder ao mercado laboral. Son, sen ambaxes, referencia en toda España".
Ampla representación polÃtica, social e empresarial
No acto estiveron presentes, entre outros, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o vicepresidente segundo da Xunta de Galicia, Francisco Conde; as conselleiras de PolÃtica Social -Fabiola GarcÃa- ou Emprego -MarÃa Jesús Lorenzana-; o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones; a directora general de Trabajo Autónomo, EconomÃa Social y Responsabilidad Social de las Empresas, Maravillas EspÃn; a alcaldesa de Lugo, Lara Pérez e representantes económicos, sociais, sindicais e empresariais de Galicia.
No seu discurso, Alberto Núñez Feijóo sinalou que "o emprego é o mellor camiño para acadar a plena inclusión social" e destacou que "a labor de Cegasal é imprescindible". "Os realmente premiados nesta gala son os que premian a Galicia cada dÃa co seu traballo", remarcou o presidente da Xunta. Mentres, José Antonio Vázquez quixo recoñecer neste evento celebrado no Teatro Principal o traballo das administracións públicas e empresas implicadas neste eido, remarcando que "queda aÃnda un longo camiño por recorrer". O presidente de Cegasal avanzou que dará un paso a un lado para abrir a organización empresarial a "novos liderados".
O presidente da Deputación entregou, xunto a José Antonio Vázquez, o premio da categorÃa de Administración Local á alcaldesa de Lugo, Lara Méndez. Ademais, na gala foron recoñecidos a ConsellerÃa de PolÃtica Social -recibiuno a conselleira Fabiola GarcÃa-; o alcalde de Carballo, Evencio Ferreiro; a empresa Industrial Recense e os xornalistas Monchi Sánchez, Joel Gómez, Matilde Vázquez e Carlos Purriños. Entre outras distincións, durante a gala do Teatro Principal tamén foron recoñecidos todos os conselleiros de Emprego dos últimos 25 anos.