A iniciativa está impulsada pola Deputación dentro do proxecto Fronteira Esquecida, que pretende potenciar os recursos naturais e culturais do rÃo para desenrolar unha estrutura de xestión e promoción conxunta da zona
Os visitantes poderán tomar fotografÃas en dezaséis puntos da provincia de alto interese paisaxÃstico, co nexo común do rÃo Limia
Ourense, 1 de abril de 2022.- Dentro das actividades do proxecto Fronteira Esquecida, cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa INTERREG V A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, a Deputación de Ourense creou un itinerario fotográfico transfronteirizo polos concellos que atravesa o rÃo Limia, no cal se sinalaron por profesionais da fotografÃa uns puntos de referencia, colocándose neles uns soportes selfi para dar a posibilidade ós visitantes de tomar -ca súa cámara ou teléfono móbil- instantáneas dun nivel paisaxÃstico elevado.
O Itinerario percorre os once concellos bañados polo rÃo Limia na zona galega, e baseouse no traballo de campo realizado por fotógrafos profesionais ourensáns que documentaron con varias fotografÃas de cada municipio aqueles puntos de interese fotográfico relacionados co rÃo. Seleccionáronse un total de dezaseis puntos de alto interese paisaxÃstico onde o rÃo actúa como nexo.
En sete destas localizacións instalouse un soporte selfi, que permitirán ao visitante sacarse fotografÃas co seu teléfono móbil ou cámara con total liberdade. Este pequeno poste metálico constitúe unha novidade pola súa aplicación na comunicación turÃstica, útil para compartir as fotografÃas e autorretratos nas redes sociais. Os puntos onde se atopan estes soportes son o miradoiro do Xurés (Bande); a área recreativa do complexo do Corgo (MuÃños); o miradoiro de Farnadeiros (MuÃños); o miradoiro do Viso (Lobeira); o miradoiro de Piteira (Lobios); o miradoiro do Carballón (Lobios) e o miradoiro do Pedreiriño (Entrimo).
Potenciar os recursos naturais e culturais do rÃo Limia - Lima
A Deputación é beneficiaria principal do proxecto Fronteira Esquecida, cuxo obxectivo principal é potenciar os recursos naturais e culturais do rÃo Limia-Lima e a súa contorna, e en base a iso crear e desenvolver unha estrutura de xestión e promoción conxunta que potencie o aproveitamento turÃstico da zona.
Nesta iniciativa, o mapa-folleto pode descargarse na páxina web do proxecto Fronteira Esquecida: https://fronteiraesquecida.eu/. Asà mesmo, como complemento, proximamente realizarase unha exposición fotográfica transfronteiriza coas mellores fotografÃas do territorio que baña o rÃo Limia-Lima, desde o seu nacemento no Monte Talariño (Sarreaus) ata a súa desembocadura en Viana do Castelo, realizadas por profesionais ourensáns -Paco Rocha, Rosa Veiga e Miguel Souto- e portugueses, a cal terá lugar entre o 2 e o 17 de Maio no Centro Cultural Marcos Valcárcel.