Rosendo Fernández asiste ao Túnel do viño da IXP Val do Miño-Ourense, no Marcos Valcárcel

Tunel do Vino

Ourense, 02 de maio de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, asistiu esta mañá ó acto institucional de apoio e promoción dos viños da IXP Val do Miño-Ourense, que tivo lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

A xornada do Túnel de Viño da IXP Val do Miño-Ourense está enmarcada dentro dos proxectos dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR). E forma parte dos proxectos aprobados pola Xunta de Galicia, co principal obxectivo da posta en valor dos produtos agroalimentarios do territorio. Rosendo Fernández estivo acompañado, entre outros, polo delegado territorial da Xunta de Galicia, Gabriel Alén.