Diferentes momentos da segunda xornada da V Conferencia de Presidencias de Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares que se celebrou en Valencia. Abaixo, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, conversa co seu homólogo de Alicante, Carlos Mazón.
O presidente do goberno provincial amosou a súa satisfacción polos resultados da V Conferencia de Presidencias de Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares que hoxe rematou en Valencia e na que que se falou de cuestións relevantes como son o reto demográfico e os fondos europeos. Este último asunto centrou unha mesa redonda na que participou Baltar esta mañá
O encontro concluÃu cunha declaración conxunta na que se certifica o compromiso absoluto cos concellos para recuperar o pulso económico trala pandemia, reclámase unha revisión do marco competencial e máis financiación para garantir a mellor calidade de vida en calqueira municipio con independencia do seu tamaño
Manuel Baltar explica que este tipo de reunións permiten comprobar como "presidentas e presidentes de todos os signos polÃticos teñen problemas comúns, estratexias que paga a pena compartir e modelos de xestión que tamén poden ter éxito noutros territorios"
Ourense, 13 de maio de 2022.- Os gobernos locais intermedios "son os grandes vertebradores do territorio, que contrarrestan o centralismo e deben ir á procura de sinerxÃas para facer fronte aos desafÃos do século XXI", sinala o presidente da Deputación, Manuel Baltar, na súa valoración dos resultados da V Conferencia de Presidencias de Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares que hoxe rematou en Valencia. Unha conferencia na que Manuel Baltar interveu esta mañá con motivo da mesa redonda na que abordaron os fondos europeos de recuperación, e na que reivindicou o peso especÃfico das administracións locais como antÃtese de polÃticas públicas excesivamente centralistas.
Manuel Baltar expresou a súa "satisfacción absoluta" despois de dúas xornadas de traballo nas que se falou de cuestións relevantes na España e na Europa do século XXI como son o reto demográfico e os fondos europeos, "nun escenario de oportunidades que se abre para os gobernos provinciais, como administración máis próxima aos concellos e estes, a súa vez, á veciñanza". Un momento no que "o noso papel ofrecendo servizos públicos e cooperando con calquera outra administración revélase como absolutamente proverbial".
Para Manuel Baltar, este tipo de reunións permiten comprobar como "presidentas e presidentes de todos os signos polÃticos teñen problemas comúns, estratexias que paga a pena compartir e modelos de xestión que tamén poden ter éxito noutros territorios". Todo iso sen esquecer "as relacións con outras administracións públicas e a interlocución directa con instancias europeas como Partenalia", a rede europea de gobernos provinciais que preside o propio Baltar. Insistiu na defensa destas institucións subliñando que son fundamentais "para loitar contra o despoboamento e para prestar os mellores servizos públicos especialmente no rural e nos concellos de menos de 20.000 habitantes, o 89% dos 8.131 municipios existentes en España".
Declaración final conxunta "froito da unanimidade"
A V Conferencia de Presidencias de Deputacións Provinciais, Cabidos e Consellos Insulares concluÃu cunha declaración final "froito da unanimidade e onde se sentan as bases da reivindicación e do papel motor destas institucións, na consecución dos ambiciosos retos que a sociedade española ten por diante".
En sete puntos, o documento destaca en primeiro lugar o compromiso dos gobernos locais intermedios coa reparación dos danos económicos e sociais causados pola pandemia, reclamando de un papel protagonista na xestión dos fondos europeos, ata lograr a plena cogobernanza que proclama o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
O comunicado recolle a determinación de afrontar o reto demográfico para lograr unha mellor distribución territorial da poboación e asegurar os servizos públicos e a calidade de vida, asà como tamén a súa necesaria participación nas accións deseñadas polo Estado e as comunidades autónomas para a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030.
Tamén figura a aposta pola transformación dixital, destacando a necesidade de fomentar a capacitación técnica dos empregados públicos, reducir a fenda dixital na cidadanÃa, garantir a protección dos seus datos persoais e promover un acceso fácil ás administracións públicas.
Maior ámbito competencial
ReivindÃcase ademais que o lexislador atribúa aos gobernos locais intermedios competencias propias, de maneira que poidan decidir e poñer en práctica polÃticas autónomas para ser un verdadeiro complemento dos municipios, en especial dos que teñen menores recursos.
A un maior ámbito competencial súmase a revisión do marco de financiamento de todos os gobernos locais, non só dos intermedios, pois o deseño actual non cobre as necesidades para exercer as atribucións. O sistema de financiamento debe permitir unha distribución dos recursos económicos na que se ponderen e equilibren criterios poboacionais e territoriais.
Por último, as deputacións, cabidos e consellos insulares comprométense a compartir tanto coñecementos técnicos para a optimización dos recursos de cada territorio, como estratexias para a súa promoción.