O deputado Pablo Pérez entregou en Raigame o premio “Adolfo Enríquez” aos descendentes de José Gómez

Raigame 2022 2

Raigame 2022 1

Ourense, 17 de maio de 2022.- O deputado de Cooperación, Pablo Pérez, participou esta mañá en Vilanova dos Infantes (Celanova), durante a celebración de Raigame na entrega do premio honorífico "Adolfo Enríquez" aos descendentes de José Gómez Vázquez, médico da vila e presidente da banda de música da localidade. Pablo Pérez e o alcalde de Celanova, Antonio Puga, entregáronlles sendas esculturas da torre de homenaxe da vila, realizadas polo artista Leandro Sánchez.

A romaría etnográfica Raigame está organizada pola Deputación de Ourense -a través do Centro de Cultura Popular (CCP) Xaquín Lorenzo- e o Concello de Celanova, cunha programación que nesta edición abarca postos artesanais, actividades de gastronomía, música, baile e teatro de rúa.