O escritor Pablo Nogueira e a ilustradora Eva Piay reciben en Cea o XVIII Premio Pura e Dora V谩zquez de narraci贸n e ilustraci贸n

Patricia Torres Pablo Nogueira Eva Piay Rosendo Fernandez e Jose Luis Valladares

Intervencion de Rosendo Fernandez no premio Pura e Dora Vazquez

Intervencion de Rosendo Fernandez no premio Pura e Dora Vazquez 2

No colexio p煤blico Virxe da Saleta, onde se celebrou o acto esta ma帽谩, o vicepresidente primeiro da Deputaci贸n, Rosendo Fern谩ndez, afirmou que con este galard贸n "situamos o nome das autoras e autores contempor谩neos ao car贸n de d煤as xigantes das nosas letras"

O galard贸n, que convoca anualmente a Deputaci贸n de Ourense, est谩 dotado con 1.500 euros para cada modalidade e ten como obxectivo fomentar a lectura no p煤blico m谩is novo, as铆 como reco帽ecer o traballo de autores literarios e art铆sticos

San Cristovo de Cea, 20 de maio de 2022.- O colexio p煤blico Virxe da Saleta de San Cristovo de Cea acolleu esta ma帽谩 o acto de entrega do XVIII Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Pura e Dora V谩zquez, que por decisi贸n do xurado tivo como ga帽adores nesta edici贸n aos ourens谩ns Pablo Nogueira, polo seu libro O clube de coleccionistas de selos, e 谩 ilustradora Eva Piay, que coas s煤as l谩minas puxo imaxes 谩 obra galardoada. Ademais dos premiados, o acto contou coa presenza do vicepresidente primeiro da Deputaci贸n, Rosendo Fern谩ndez; a deputada provincial de Cultura e Produci贸ns Audiovisuais e presidenta do xurado, Patricia Torres; o alcalde de Cea, Jos茅 Luis Valladares; e a xefa territorial de Cultura, Educaci贸n, Formaci贸n Profesional e Universidades, Judith Fern谩ndez.

Rosendo Fern谩ndez destacou que este acto se celebra "dous d铆as despois de que a Xunta de Goberno da Deputaci贸n validara a proposta de Manuel Baltar para presentar a candidatura das irm谩s Pura e Dora V谩zquez 谩s Letras Galegas de 2023". Agora, dixo, "situamos o nome das autoras e autores contempor谩neos ao car贸n de d煤as xigantes das nosas letras". Desde a Deputaci贸n, afirmou, "temos adquirido un firme compromiso coa promoci贸n da nosa cultura incentivando a creaci贸n, m谩is importante se cabe na literatura infantil e xuvenil en galego, pois contribu铆mos a espertar o gusto pola lectura e defender o uso do idioma que nos d谩 identidade".

Patricia Torres agradeceu o labor do xurado integrado por David Canda, Ant贸n Alonso, Xos茅 Ant贸n Dorrio, Isabel Moci帽o, e Ana Malingre como secretaria, ademais da propia deputada como presidenta. Desexou que o alumnado goce dun libro "que ademais das diferenzas tam茅n fala de persoas moi importantes nas nosas vidas como os av贸s".

Protagonista no seu colexio

Pablo Nogueira, ovacionado no seu colexio de Cea por m谩is dun cento de alumnos presentes no acto, explicou que desde as p谩xinas do seu libro tratou de artellar unha historia "onde aspectos como a inclusi贸n, a diversidade e diferenza cobrasen unha grande importancia", aspecto valorados e reflectidos por Eva Piay nas s煤as ilustraci贸ns, "que ademais da escrita tam茅n nos permiten expresarnos, falar do que somos e do que pensamos".

O galard贸n, que convoca anualmente a Deputaci贸n de Ourense, est谩 dotado con 1.500 euros para cada modalidade e ten como obxectivo fomentar a lectura no p煤blico m谩is novo, as铆 como reco帽ecer o traballo de autores literarios e art铆sticos, unindo na obra premiada estas d煤as disciplinas creativas.

Un mestre de audici贸n e linguaxe e unha estudante de Belas Artes

Pablo Nogueira Campo (O Carballi帽o, 1987) 茅 mestre de Audici贸n e Linguaxe no colexio de Cea. Licenciado en Psicopedagox铆a pola USC, ten publicadas d煤as novelas curtas para o p煤blico adulto: Banda Sonora Orixinal (Fervenza, 2019), obra ganadora do IV Certame Balbino de relatos, e M煤sica para os d铆as de inverno (Laiovento, 2020). O clube de coleccionistas de selos incl煤e "unha perspectiva inclusiva que da visibilidade 谩 diversidade funcional entre a infancia", destacou o xurado, salientando tam茅n "a posta en valor do medio natural e a necesidade do seu coidado, as铆 coma a figura do av贸 e as relaci贸ns interxeracionais".

Eva Piay Fern谩ndez (Rubi谩, 1999), que se presentou ao certame co pseud贸nimo "Auga doce", cursa o 煤ltimo ano de Belas Artes en Valencia. Compaxina os estudos co traballo como ilustradora en varias revistas e fanzines, e ten colaborado ademais con escritoras, concellos e organizaci贸ns en traballos de ilustraci贸n e carteler铆a. O xurado subli帽ou que as imaxes propostas para ilustrar o libro ofrecen "panor谩micas e contextos diversos, e que representan perfectamente a idea da diversidade que ofrece a narraci贸n".