Ourense, 3 de xuño de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, recibiu esta mañá no salón de plenos do Pazo Provincial a un grupo de poetas participantes no XII Encontro Internacional de PoesÃa "Victor Campio", actividade organizada polo CÃrculo Poético Ourensán co apoio da Deputación de Ourense.
No acto desta mañá estiveron a poeta mexicana Nadia Arce; os poetas portugueses Antonio Luis Oliveira e Rosa Oliveira; a poeta malagueña Patricia Cortés; e os integrantes do CÃrculo Poético Ourensán José Ramón F. Morgade, José Antonio Santos, MarÃa González, Adrián González e Segismundo Fernandez.