Nun encontro celebrado no Pazo Provincial, Manuel Baltar recibiu de mans do profesor de historia Miguel Cabo o traballo orixinal sobre a traxectoria pública e privada do ilustre ourensán "que aÃnda fará máis inesquecible a súa figura" e abrirá as portas "para que as novas novas xeracións coñezan o seu legado"
A biografÃa é unha encarga persoal realizada polo presidente durante a primeira homenaxe institucional impulsada pola Deputación e celebrada hai case un ano na parroquia de Beiro, coincidindo co 144 aniversario do nacemento de Ãlvarez
Miguel Cabo destacou a inclusión de facetas pouco coñecidas como a presidencia do Centro Galego en Madrid nos anos 20, "promocionando a galegos como Bóveda, Asorey e Castelao e o turismo en Ourense".
Ourense, 11 de xuño de 2022.- A Deputación de Ourense, en colaboración con Galaxia, vai editar a primeira biografÃa completa do sacerdote, xornalista, polÃtico e promotor do movemento agrarista, Basilio Ãlvarez. Unha publicación que espera ver a luz este verán, transcorrido case un ano desde que o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, fixera a encarga desta biografÃa ao profesor titular de Historia Contemporánea e doutor pola Universidade de Santiago de Compostela, Miguel Cabo, durante a primeira homenaxe institucional celebrada na parroquia de Beiro coincidindo co 144 aniversario do nacemento do polifacético ourensán,
Nun encontro celebrado no Pazo Provincial, Manuel Baltar recibiu de mans de Miguel Cabo o traballo orixinal sobre a traxectoria pública e privada de Basilio Ãlvarez, que se plasmará nunha publicación de preto de 400 páxinas na que tamén se incluirán imaxes procedentes dos fondos fotográficos da Deputación.
O presidente provincial felicitou a Miguel Cabo por un traballo "que aÃnda fará máis inesquecible a figura de Basilio Ãlvarez, engrandecendo a súa relevancia histórica", ao tempo que afirmou que tamén abrirá as portas "para que as novas novas xeracións coñezan o seu legado, a súa capacidade retórica e os seus inigualables discursos nos que defendÃa con firme convicción as súas ideas".
A Deputación de Ourense, engadiu o presidente, presenta agora a biografÃa máis completa feita nunca sobre Basilio Ãlvarez grazas a esta encarga de investigación, "na que o seu autor tivo que acudir a todas as fontes dispoñibles, non sen atrancos, para presentarnos interesantes conclusións, ata o momento mesmo descoñecidas, que seguro van enriquecer a lenda de Ãlvarez e o seu protagonismo no agrarismo".
A falta dun arquivo privado, o principal obstáculo da investigación
Miguel Cabo explicou pola súa banda que un dos principais obstáculos que tivo que salvar para facer esta encarga foi "a inexistencia dun arquivo privado de Basilio Ãlvarez", recorrendo á correspondencia que mantivo con Eugenio López Aydillo, un dos seus colaboradores en Acción Galega entre 1912-1914, e aos arquivos diocesanos de Ourense e Madrid, asà como tamén no Vaticano.
Entre as novidades deste traballo cómpre sinalar o detalle co que se relatan as dúas etapas de Basilio Ãlvarez como agrarista, en Acción Galega na década do 20, e na Confederación Regional de Agricultores Galegos nos anos 20. Miguel Cabo destaca ademais a descoñecida faceta como presidente do Centro Galego en Madrid nos anos 20, "cun extraordinario labor de promoción de galegos como Bóveda, Asorey, Castelao e artistas do momento, incluÃndo a promoción do turismo en Galicia e, en particular, de Ourense".
A biografÃa tamén incide no seu labor como avogado; deputado do Partido Radical no perÃodo 1931-1933; vocal do Tribunal de GarantÃas (o que hoxe serÃa o Tribunal Constitucional); o seu exilio "clandestino" en 1937; o seu periplo por América; e finalmente unha reinterpretación da súa figura desde todos os máis diversos ámbitos.
Desde o sacerdocio ata a polÃtica
Basilio Ãlvarez (Ourense, 10 de agosto de 1877 - Tampa (Florida, EEUU), 15 de novembro de 1943) estudou no Seminario Conciliar de San Fernando, en Ourense, sendo ordenado sacerdote en 1902 e tendo como primeiro destino a parroquia de Parada de Laviote (O Irixo). Xa en Madrid fundarÃa o movemento agrario Acción Gallega (1910-1916), iniciando o seu labor como xornalista con colaboracións en diversas publicacións e ata dirixindo La Zarpa (1921-1936).
Tras desvincularse da Igrexa licenciouse en Dereito e centra a súa traxectoria profesional na avogacÃa, o xornalismo e á polÃtica. Foi deputado polo Partido Radical nas Cortes republicanas de 1931 e 1933. En 1928 foi recoñecido como Fillo Predilecto de Ourense, dándolle o seu nome a unha das rúas da cidade. Tralo alzamento militar de xullo de 1936 abandonou España exiliándose en Bos Aires, asentarse despois en La Habana e logo en Florida, onde faleceu aos 66 anos.