Manuel Baltar confirmou a participación do goberno provincial no plan "PolÃgono verde" trala reunión que mantivo co presidente da Asociación de Empresarios do PolÃgono de San Cibrao, José Antonio RodrÃguez, e o alcalde do municipio, Manuel Pedro Fernández
O presidente expresou as súas felicitacións "por un proxecto exportable a outras áreas industriais, que ten como bandeira a sustentabilidade e o respecto ao medio ambiente". Asegurou a colaboración con "todas aquelas solucións imaxinativas que nos acheguen desde a área empresarial máis importante de Galicia"
José Antonio RodrÃguez destacou que esta iniciativa trata de dar resposta a un dos grandes retos que enfrontan a diario os empresarios. O apoio da Deputación será importante, afirmou Manuel Pedro Fernández, que agradeceu despois da reunión "a colaboración exemplar do presidente"
No "centro verde", actualmente en desuso, procederÃase á recepción, almacenamento e entrega aos xestores autorizados dos plásticos, papel e cartón producidos polas máis de 600 empresas que conforman o cinto industrial de Ourense, incluÃndo Pereiro de Aguiar, Barreiros e Seixalbo
Ourense, 14 de xuño de 2022.- A Deputación de Ourense contribuirá á posta en marcha dun proxecto pioneiro en Galicia, "PolÃgono verde", impulsado polos empresarios da área industrial de San Cibrao das Viñas e o propio Concello, para o almacenamento e tratamento conxunto dos residuos producidos polas máis de 600 empresas que conforman o cinto industrial máis grande na comunidade galega, incluÃndo os polÃgonos de Pereiro de Aguiar, Barreiros e Seixalbo.
Manuel Baltar confirmou o apoio da Deputación a este proxecto trala reunión que esta mañá mantivo no Pazo Provincial co presidente da Asociación de Empresarios do PolÃgono de San Cibrao, José Antonio RodrÃguez, encontro no que tamén participou o alcalde, Manuel Pedro Fernández. A ambos trasladou as súas felicitacións "por un proxecto pioneiro en Galicia e tamén exportable a outras áreas industriais, que ten como bandeira a sustentabilidade e o respecto ao medio ambiente".
A Deputación, asegurou Manuel Baltar, "seguirá colaborando para o desenvolvemento de todas aquelas solucións imaxinativas que nos acheguen desde a área empresarial máis importante de Galicia". Un espazo industrial estratéxico para a economÃa da provincia "co que cooperamos desde sempre, como por exemplo co servizo de bombeiros ou a recollida de lixo".
José Antonio RodrÃguez destacou que esta iniciativa trata de dar "unha novidosa resposta á xestión dos residuos industriais", un dos grandes retos que enfrontan a diario os empresarios, xusto no momento no que entra en vigor a nova normativa comunitaria para a redución e reciclado destes refugallos. O apoio da Deputación será importante para a posta en marcha deste proxecto, dixo entre tanto Manuel Pedro Fernández, agradecendo "a colaboración exemplar do presidente".
Optimizar custos de transporte e xestión
Para desenvolver o seu plan, a asociación de empresarios tomou como punto de partida o "Centro Verde" construÃdo hai máis dunha década e que actualmente permanece en desuso. Neste punto, situado na rúa 4 do PolÃgono de San Cibrao, procederÃase á recepción, agrupamento por lotes homoxéneos e almacenamento dos residuos ata alcanzar un volume suficiente que, ao mesmo tempo, permita optimizar os custos de transporte e tratamento aos xestores autorizados.
O centro, que funcionará como unha estación de transferencia de mercadorÃas, permitirÃa atender unha importante demanda das empresas como é a recollida selectiva do gran volume de residuos plásticos, papel e cartón que se producen no interior das instalacións. Os propios empresarios do polÃgono de San Cibrao das Viñas, segundo reflicte unha enquisa da asociación, xa están no camiño da economÃa verde, pois o 44 % asegura posuÃr algunha medida para a redución do uso de embalaxes.