Javier Parisi, "o Lennon arxentino", ofrece este sábado un concerto gratuíto no Marcos Valcárcel

Javier Parisi O Lennon arxentino

No concerto, que arrancará ás 21,00 horas, Javier Parisi tocará algúns dos mellores temas de Lennon, tanto na súa etapa dentro dos Beatles coma na súa traxectoria en solitario

A actuación está enmarcada na exposición "Ao redor do universo Beatle", organizada pola Deputación e que está considerada a mellor mostra realizada en España arredor do mítico grupo de Liverpool

Ourense, 16 de xuño de 2022.- Javier Parisi, "o Lennon arxentino", ofrecerá este sábado, día 18 de xuño, un concerto gratuíto no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Na cita, que arrancará ás 21,00 horas, Parisi tocará algúns dos mellores temas de Lennon, tanto dentro da súa etapa nos Beatles como na súa traxectoria en solitario.

Javier Parisi (Lanús, 1981) ten ás súas costas unha importante traxectoria profesional homenaxeando a John Lennon, con concertos por todo o mundo en salas e teatros durante os últimos anos. A actuación deste sábado está enmarcada na exposición "Ao redor do universo Beatle", organizada pola Deputación de Ourense e que está considerada a mellor mostra realizada en España arredor do mítico grupo de Liverpool.