Rosendo Fernández acompañou á conselleira de Infraestruturas na visita ás obras de mellora da seguridade viaria da área hospitalaria de Ourense

Visita de Rosendo Fernandez as obras do CHUO

Ourense, 28 de xullo de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, acompañou esta mañá en Ourense á conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, na visita ás obras de mellora da seguridade viaria e accesabilidade do hospital. Esta actuación, que rematará en novembro, conta cun investimento da Xunta de Galicia de 450.000 euros. Na visita tamén estiveron, entre outros, o xerente da área sanitaria de Ourense, Félix Rubial, e o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.