A Deputaci贸n entrega dez gaitas elaboradas polo Obradoiro de instrumentos

A deputada Patricia Torres entregou as gaitas na sala xuntas

Ourense, 29 de xullo de 2022.- A deputada de Cultura, Patricia Torres, entregou esta ma帽谩 na sala de xuntas do Pazo Provincial dez gaitas elaboradas polo Obradoiro de instrumentos da Deputaci贸n 谩 banda de gaitas trivesa Os Trintas, representada polo seu director, Santiago Mera, e membros da directiva.

"Este 茅 un xeito m谩is, tremendamente importante, de apoiar a formaci贸n musical dos veci帽os ourens谩ns e ademais sup贸n un respaldo para esta formaci贸n", sinalou a deputada, que ademais de aplaudir a traxectoria de Os Trintas quixo reco帽ecer o excelente traballo realizado polo obradoiro dirixido por Manuel Bra帽as.

Mentres, dende a banda trivesa resaltaron que "hoxe 茅 un d铆a moi importante, porque estes instrumentos fac铆an moita falta para garantir a nosa continuidade como agrupaci贸n. Agradecemos que a Deputaci贸n atendera a nosa petici贸n e seguiremos traballando a prol da cultura galega".