Ourense acolle esta fin de semana a "Final 4" do Campionato Absoluto de Espa帽a de H贸ckey sala masculino e feminino

Anibal Pereira Rosendo Fernandez Roberto Barata e Gabriel Alen

Anibal Pereira Rosendo Fernandez Roberto Barata e Gabriel Alen 2

Na presentaci贸n do torneo no Pazo Provincial, o vicepresidente primeiro, Rosendo Fern谩ndez, afirmou que a cidade converterase "no epicentro do mellor h贸ckey nacional, unha disciplina tan arraigada na nosa provincia e que xa forma parte dese ecosistema deportivo no que tanto cre a Deputaci贸n"

O presidente da Federaci贸n galega, Roberto Baratta, explicou que este campionato forma parte dunha estratexia "para situar de novo a Ourense de forma radical no calendario das m谩ximas competici贸ns nacionais e internacionais de h贸ckey, ademais de actuar como dinamizador deportivo e tur铆stico da cidade"

Os d铆as 11 e 12 de febreiro darase cita no Pazo dos deportes Paco Paz m谩is de 200 persoas entre deportistas e t茅cnicos dos catro equipos que participar谩n na competici贸n e que buscar谩n unha praza no europeo de 2024

Ourense, 7 de febreiro de 2023.- O Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense acoller谩 a pr贸xima fin de semana -11 e 12 de febreiro- a "Final 4" do Campionato Absoluto de Espa帽a de H贸ckey sala, nas categor铆as masculina e feminina, que reunir谩 na capital a m谩is de 200 persoas entre deportistas e t茅cnicos dos catro equipos que participar谩n na competici贸n. Os detalles deste torneo foron presentados esta ma帽谩 no Pazo Provincial polo vicepresidente primeiro, Rosendo Fern谩ndez, acompa帽ado polo delegado territorial da Xunta, Gabriel Al茅n; o asesor de Deportes do Concello de Ourense, An铆bal Pereira; e o presidente da Federaci贸n Galega de H贸ckey, Roberto Baratta.

Con esta competici贸n, afirmou Rosendo Fern谩ndez, "Ourense converterase no epicentro do mellor h贸ckey nacional, unha disciplina tan arraigada na nosa provincia e que xa forma parte dese ecosistema deportivo no que tanto cre a Deputaci贸n". Unha cita deportiva, apuntou, "que supor谩 a presenza na cidade esta pr贸xima fin de semana dun milleiro de afeccionados en cada xornada de competici贸n, ademais da importante difusi贸n que ter谩 o campionato" cun completo seguimento por redes sociais e maila emisi贸n de partidos a trav茅s do canal Teledeporte de TVE e da Televisi贸n de Galicia.

As probas de elite: ferramenta de retorno econ贸mico

Gabriel Al茅n felicitouse "polo resultado da colaboraci贸n institucional e polo traballo da federaci贸n, que seguro traer谩 a Ourense non s贸 deporte de base, sen贸n tam茅n probas de elite que ter谩n gran repercusi贸n no turismo deportivo". A estas palabras sumouse Anibal Pereira cualificando a estas competici贸ns como "unha importante ferramenta de retorno econ贸mico".

Roberto Baratta agradeceu a colaboraci贸n da Deputaci贸n, do Concello de Ourense e da Xunta de Galicia por acoller de novo na cidade un torneo de h贸ckey da m谩xima relevancia, "colaboraci贸n que hai un ano permitiu celebrar tam茅n na capital o campionato europeo feminino que ga帽ou a selecci贸n espa帽ola". Este torneo, engadiu, forma parte da estratexia da federaci贸n para situar de novo a Ourense de forma radical no calendario das m谩ximas competici贸ns nacionais e internacionais de h贸ckey, ademais de actuar como dinamizador deportivo e tur铆stico da cidade".

Esta fin de semana, explicou Baratta, no Pazo dos Deportes "daranse cita os mellores equipos masculinos e femininos que, ademais de pelexar polo cetro nacional, tam茅n loitar谩n por unha praza no campionato de Europa de 2024. Estes equipos son, en categor铆a masculina, o Complutense (Madrid), Club de Campo (Madrid), Junior FC (San Cugat, Barcelona) e FC Barcelona. En categor铆a feminina participar谩n o Complutense (Madrid), Club de Campo (Madrid), UD Taburiente (Gran Canaria) e CD H贸ckey La Candelaria (M谩laga). Na tarde do s谩bado, d铆a 11, disputaranse os cruzamentos de semifinais, mentres que a ma帽谩 do domingo, d铆a 12, res茅rvase para os partidos que dar谩n opci贸n a medalla.

Ourense, sede do campionato infantil en maio

Baratta anunciou ademais a celebraci贸n no mes de maio, e por primeira vez en Ourense, do Campionato Infantil de H贸ckey sala, masculino e feminino, coa participaci贸n de 24 equipos e a presenza na cidade de m谩is de 800 persoas. Un torneo que, segundo dixo, poder铆a disputarse en d煤as pistas que se est谩n a planificar en Expourense.