O presidente provincial e alcalde de Pereiro de Aguiar agradeceu á Xunta a súa aposta e lealdade institucional "cun proxecto estratéxico que fai máis e mellor provincia"
Definiu Menor a esta obra ubicada no Complexo Deportivo de Monterrei como "a máis importante destas caracterÃsticas no noroeste de España, que poñemos ao alcance directo da metade da poboación da provincia, do norte de Portugal e de Castela e León
Pereiro de Aguiar, 19 de xuño de 2024.
Como "dÃa histórico, dos de verdade", calificou esta mañá o presidente provincial a inauguración do Parque Acuático de Monterrei. Luis Menor, en calidade de presidente da Deputación e tamén como alcalde do municipio onde se ubica esta infraestrutura, Pereiro de Aguiar, acompañou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na apertura deste espazo de lecer, "a obra máis importante destas caracterÃsticas no noroeste de España", tal e como a definiu Menor, agradecendo ao presidente do Executivo galego "este investimento de 10 millóns de euros que contribúe a facernos máis grandes con accións estratéxicas coma esta".
Luis Menor fixo un repaso das vicisitudes polas que pasou este proxecto, destacando as parálises e retrasos provocados pola pandemia de covid e pola crise de suministros e alza de prezos ocasionada pola guerra de UcraÃna, o que conlevou á renuncia da empresa adxudicataria inicial, obrigando a volver a licitar e adxudicar as obras. "Sempre tivemos a visión estratéxica para saber que detrás deste proxecto habÃa creación de riqueza e mellora de servizos, unha gran oportunidade global pola súa natureza", explicou o presidente provincial.
AsÃ, trala posta en marcha da fase 0 (previa á acuática) en 2021, e a posta en servizo de xeito parcial a finais do verán pasado, cunha afluencia acreditada de 23.000 persoas en apenas un mes, "hoxe en dÃa este espazo albergará 2.500 persoas cada dÃa, creando máis de 40 empregos directos nas súas instalacións", explicou Menor, quen salientou a importancia que suporá como polo de atracción turÃstica: "coa chegada do AVE, este parque acuático, na porta de entrada á Ribeira Sacra, vai ser un factor de atraccion moi importante para a nosa provincia", dixo, ao tempo que lembraba que na Deputación sempre houbo gran confianza neste proxecto desde os inicios e a vontade de cooperar xa era firme no anterior mandato e continúa a selo. Precisamente, neste ano consignáronse 1,5 millóns de euros para este Parque Acuático de Monterrei nos orzamentos 2024.