Sábado, 11 de xuño de 2016:

-09.20 horas: Primeira viaxe do "Tren Turístico da Ruta Ribeira Sacra" 2016.- O "Tren Turístico da Ruta Ribeira Sacra" realizará a primeira viaxe da tempada 2016 na que participarán o presidente do Inorde, Rosendo Fernández; o xerente do Inorde José Manuel Rodríguez; a diretora de Turismo de Galicia da Xunta, Nava Castro; e directivos de Renfe. Declaracións aos medios: previamente á saída, no andén da Estación Ourense Empalme. Os xornalistas e gráficos que o desexen poderán realizar a viaxe desde a Estación Ourense Empalme ata Canaval, onde está prevista a chegada ás 10.30 horas. Na parada haberá un autobús que traslade de volta aos representantes dos medios ata a Estación Ourense Empalme.

-18.00 horas: Festival Fin de Curso da Escola de Danza da Deputación.- A Escola Provincial de Danza celebrará no Teatro Principal de Ourense o festival de Fin de Curso 2015-2016, no que participarán 250 alumnos. Os membros da Escola, de idades comprendidas entre os 4 e 75 anos ofrecerán unha recompilación de pezas de música, canto e bailes tradicionais aprendidas durante o curso. A actividade da Escola continúa con diferentes actuacións previstas durante a tempada estival, entre as que destaca a participación no Festival Internacional de Folclore de Tarare-Lyon (Francia), que se celebrará entre os días 5 e 12 de xullo.

-19.00 horas: Final da "Copa Deputación" de fútbol.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, asistirá á final da "Copa Deputación" de fútbol, que se disputará no estadio do Couto entre os equipos C.D. Arenteiro e C.D. Polígono S.C.