Sábado, 28 de xullo de 2018:

-11.30 horas: X "Festa da Palabra".- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará na celebración da X edición da "Festa da Palabra", que renderá homenaxe ao poeta ourensán Víctor Campio, falecido o pasado 24 de xullo. No acto, que terá lugar na Insua dos Poetas (A Esgueva, Madarnás, O Carballiño), participarán tamén o presidente da Fundación "Insua dos Poetas", Luis González Tosar; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Román Rodríguez; os secretarios xerais de Política Lingüística e de Cultura, Valentín García e Anxo Lorenzo; os deputados provinciais de Cultura e Cooperación, Manuel Doval e Pablo Pérez; e o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín, quen actuará como mantedor do acto.