Martes, 28 de xuño de 2022

-11.30 horas: Visita ás obras de mellora da estrada de Santa Mariña (Allariz).- Os deputados Pablo Pérez e Luz Doporto visitan as obras de mellora da estrada de Santa Mariña, en Allariz, financiadas pola Deputación de Ourense en colaboración co Concello de Allariz. Estarán acompañados pola alcaldesa deste municipio, Cristina Cid. Lugar: Estrada de Santa Mariña, en Allariz (https://goo.gl/maps/VJPd1AykPKoDHFXs5).

-11.45 horas: Xunta de Goberno e Consello Territorial da FEMP.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na Xunta de Goberno da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). A continuación, as 12,30 horas, asistirá á reunión do Consello Territorial da FEMP. Ambas xuntanzas celebraranse no Senado, que por primeira vez acolle a ambos órganos de goberno da federación de municipios. Lugar: Senado. Enviarase nota de prensa e fotografías.

-13.00 horas: Entrega das Medallas Castelao.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, asiste á entrega das Medallas Castelao. Lugar: Santo Domingo de Bonaval (Santiago de Compostela).

Luns, 27 de xuño de 2022

-10.00 horas: Pleno ordinario do mes de xuño.- A corporación provincial celebra o pleno ordinario da Deputación de Ourense correspondente ao mes de xuño. Lugar: Salón de plenos do Pazo Provincial. A cobertura informativa poderá realizarse de xeito presencial ou por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense, que emitirá sinal en directo.

-12.00 horas: Presentación do II Descenso Internacional Ourense Provincia Termal de piragüismo.- O asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González, participa na presentación do II Descenso Internacional Ourense Provincia Termal de piragüismo, patrocinado pola Deputación e organizado pola Escola Municipal Ourensana de Piragüismo. Lugar: Balneario de Laias.

Venres, 24 de xuño de 2022

-12.00 horas: Reunión do xurado das residencias literarias promovidas pola Deputación e a Residencia Literaria 1863.- O xurado das residencias literarias promovidas pola Deputación e a Residencia Literaria 1863 reúnese para seleccionar os autores ourensáns beneficiarios destas bolsas, entre tódolos que presentaron o seu proxecto. O xurado está composto por Chus Pato, Luís González Tosar e Xosé Benito Reza, actuando de secretaria, con voz pero sen voto, a directora da Residencia Literaria 1863, a poeta e xestora cultural Yolanda Castaño. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Mércores, 22 de xuño de 2022

-10.00 horas: Reunión técnica dos grupos de traballo integrados no Pacto Social de AquaOurense.- Reunión técnica dos grupos de traballo integrados no Pacto Social de AquaOurense. Lugar: Salón de Plenos da Deputación. Só gráficos e medios audiovisuais.

-11.30 horas: Encontro do proxecto "Circular Labs: Promovendo a economía circular no espazo ibérico".- A xerente do Inorde, Emma González, presenta o encontro do "Circular Labs: promovendo a economía circular no espacio ibérico", un proxecto do que é beneficiario o Inorde e no que actúa como xefe de filas a Escola de Organización Industrial. O encontro está perfilado para analizar os obstáculos aos que se enfrontan os novos modelos de negocios dentro da economía circular. Lugar: Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro (Xinzo de Limia).

-11.30 horas: Presentación do Campionato de España individual e de autonomías de ximnasia rítmica.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participa na presentación do Campionato de España individual e de autonomías de ximnasia rítmica, que se disputará no Pazo dos Deportes Paco Paz entre o 23 e o 26 de xuño. Na presentación tamén intervirá o delegado de Deportes da Xunta, Manuel Pérez; o presidente da Federación Galega de Ximnasia, José Manuel Estévez; e a secretaria técnica de ximnasia rítmica da Federación Española de Ximnasia, Lorena Gómez. Lugar: Sala de prensa da Deputación de Ourense. Esta presentación poderase seguir en directo a través da web da Deputación.

Martes, 21 de xuño de 2022

-11.30 horas: Rolda de prensa de actualidade do Campus de Ourense- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, acompaña ao reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, na rolda de prensa que este dará para informar de novidades académicas vencelladas ó Campus de Ourense. Estarán acompañados pola nova vicerreitora do Campus de Ourense, Elena Rivo, e a vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade, Natalia Caparrini. Lugar: Sala de prensa da Deputación de Ourense. A rolda de prensa poderase seguir en directo a través da web da Deputación.