Ourense, 14 de agosto de 2022.- A deputada Patricia Torres asistiu en representación da Deputación de Ourense á LX edición da Festa do Pulpo do Carballiño, que este ano recibiu o recoñecemento de Festa de Interese Internacional e na que colabora a administración provincial a través do Inorde.
Pechada a compra do edificio que acollerá esta delegación en A Rúa, Manuel Baltar reuniuse no Pazo Provincial co alcalde, Ãlvaro Fernández, para estudar os planos do proxecto previo dunhas oficinas que permitirán "gañar todavÃa máis proximidade cos veciños e reforzar a nosa eficacia administrativa"
O presidente da Deputación destaca a importancia desta nova sede, unha medida incluÃda no Plan de Mandato 2019-2023: "Seguimos cumprindo obxectivos concretos dentro da nosa polÃtica planificada, ordenada e previsible, deseñada para mellorar Ourense"
Ourense, 13 de agosto de 2022.- A Deputación está ultimando a súa nova sede en Valdeorras, despois de pechar a comprar dun céntrico inmoble en A Rúa, situado na intersección entre as rúas Progreso -no número 45- e Benito Fernández. O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial co alcalde deste concello, Ãlvaro Fernández, para estudar os planos dun proxecto que suporá "seguir avanzando en proximidade cos veciños e reforzar a nosa eficacia administrativa".
Manuel Baltar resalta a importancia de abrir esta sede en Valdeorras: "Será, sen dúbida, un útil punto de encontro e atención aos veciños e aos concellos de toda a comarca, asà como un poderoso xeito de reforzar a alianza da Deputación cos colectivos sociais, empresariais e culturais". Destaca tamén o "pulo que recibirán todos os procedementos administrativos da administración provincial, que será todavÃa máis áxil nas súas xestións recortando trámites e tempos, algo completamente fundamental para que os servizos públicos sigan gañando en calidade e en proximidade cos axentes públicos e privados".
Pechada a compra do inmoble, de dúas plantas e soto, os técnicos da Deputación xa teñen perfilado o proxecto previo para a reforma, rehabilitación e deseño dos espazos interiores da nova sede. Os técnicos sinalan que a "ubicación, accesibilidade e entorno deste edificio son os axeitados para o seu uso administrativo", cun deseño que dispon no interior varios espazos de traballo na planta baixa e nas outras dúas plantas, deixando para o soto unha zona de arquivo. "Un patio interior e o núcleo de servizos contecta todas as alturas favoreciendo a creación dun entorno laboral dinámico e innovador", conclúen.
Unha vez aberta, esta delegación permitirá reforzar os servizos da administración provincial en Valdeorras e, á vez, será un axente dinamizador para toda a comarca. "Valdeorras é un motor fundamental do noso territorio, un pivote básico da nosa economÃa. Neste contexto, e ante un futuro cheo de oportunidades, esta sede da Deputación será un importante apoio para avanzar no dinamismo deste territorio", incide Manuel Baltar.
O presidente do goberno provincial lembra que activar esta delegación, a primeira da Deputación de Ourense, é unha das medidas contempladas no Plan de Mandato 2019-2023: "Seguimos cumprindo obxectivos concretos dentro da nosa polÃtica planificada, ordenada e previsible, deseñada para mellorar Ourense". Manuel Baltar reivindica que "somos un goberno cunha visión integral da provincia, un eixo de traballo fundamental apoiado en accións ben deseñadas. Agora, a apertura da sede en Valdeorras é unha nova mostra deste xeito de entender e executar as polÃticas públicas".
Ourense, 12 de agosto de 2022.- As Xornadas de Folclore, organizadas pola Deputación de Ourense e o Centro Cultural XaquÃn Lorenzo e que contan co apoio da Xunta de Galicia, levaron de novo a música tradicional global a Manzaneda e Castro Caldelas, tras dous anos de ausencia obrigada pola situación sanitaria.
Na praza do Prado do Concello de Castro Caldelas, os integrantes dos grupos de Colombia, México e Timor enchiron dende as 22,30 horas de luz e de cor o escenario, dando un gran protagonismo ó vestiario feminino. Durante esta noite, os asistentes puideron desfrutar dos bailes máis coñecidos destas culturas, coma o jalisco ou a cumbia pero descubrir, do mesmo modo, outros estilos de baile folclórico.
En Manzaneda, onde o festival tamén arrancou ás 22.30 horas, os grupos de Costa de Marfil, Indonesia e Chile, deron mostra do seu gran talento, ofrecendo a un público que ocupaba a práctica totalidade dos espazos dispoñibles, un espectáculo de alta calidade e que combinou elementos danzas que versaron sobre os conflitos e danzas cerimoniais dos paÃses, pero sen deixar de lado os bailes folclóricos máis coñecidos como o rapanui -baile folclórico da Illa de Pascua e interpretado polo Ballet Folclórico Municipal de Rancagua-.
Este sábado, os grupos de Costa de Marfil, Indonesia e Chile actuarán na localidade de Viana ás 22.30, mentras que o resto de participantes farán o propio na vila de Entrimo ás 20,30 horas.
Ourense, 12 de agosto de 2022.- A deputada Ana Villarino asistiu esta tarde na praza da Alameda de VerÃn á inauguración da XV edición da Feira do Viño de Monterrei, que contou como pregonera á Paula Vázquez Rocha. Na inauguración da cita enolóxica -que se celebra ata o domingo- tamén interviron a presidenta do Consello Regulador da DO Monterrei, Lara da Silva, o alcalde de VerÃn, Gerardo Seoane, e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos.