Ourense, 3 de maio de 2016.- O xornalista Santiago JaureguÃzar recibiu esta mañá de mans do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, o XXVI Premio de Periodismo "Xosé Aurelio Carracedo", na súa edición 2016, dotado con 3.000 euros e diploma, un certame instaurado pola institución provincial como homenaxe e lembranza do xornalista ourensán que lle da o seu nome, falecido en 1988, e en defensa dun xornalismo de calidade. O acto, celebrado no Salón de Plenos da Deputación, contou tamén coa participación de Clara Carracedo, irmá de Xosé Aurelio, e do deputado provincial de Cultura e presidente do xurado, Manuel Doval, e a presenza de representantes institucionais e dos ámbitos cultural, social e xornalÃstico.
O xurado do certame concedeu o galardón a JaureguÃzar polo artigo publicado no xornal "El Progreso" de Lugo, titulado Os amigos do cadáver de Blanco Amor.
Na clausura do acto, Manuel Baltar afirmou que hoxe "celébrase o DÃa Mundial da Liberdade de Prensa, efemérides que vimos conmemorando desde 1993, e que este ano fai referencia á cidade de Helsinki, tendo como lema a participación cidadá, a transparencia e o acceso á información, cuestións fundamentais que corresponde poñer en valor, e que, con este premio, desde a Deputación de Ourense, destacamos, como tamén unha aposta importante polo xornalismo de calidade", afirmou o presidente provincial.
Baltar subliñou o labor que realiza a Deputación de Ourense a prol da cultura, citando distincións como o Premio OurensanÃa, o Premio "Blanco Amor" de novela, o Concurso escolar sobre o Estatuto de AutonomÃa para Galicia ou o Premio "Pura e Dora Vázquez".
"Salientamos hoxe a figura do xornalista Xosé Aurelio Carracedo porque seus valores son os que inspiran este premio: "C" de compromiso, curiosidade, certeza, credibilidade e de contrastar as informacións, algo básico en calquera código deontolóxico da profesión xornalÃsticas, valores todos que atesora o traballo de Carracedo", dixo Manuel Baltar, e engadiu que Santiago JaureguÃzar "contará a partir de agora co prestixio de ter este premio, e este premio contará tamén co prestixio que supón unir o nome de Santiago JaureguÃzar á nómina de premiados con este galardón".
En referencia ao artigo premiado, Os amigos do cadáver de Blanco Amor, o presidente da Deputación afirmou que nel se deixa claro "ese paradoxal recollido na Boneca de Blanco Amor, onde Maria Xosé Queizán dicÃa que ver levar a ombreiros o cadaleito de Eduardo Blanco Amor por xente que dÃas antes, cando pasaba pola rúa, nin o saudaba é unha cuestión que non ten xustificación algunha, pois todo o que fagamos por Blanco Amor será pouco, xa que temos a obriga de seguir poñendo en valor a obra dun dos máis grandes da literatura galega".
Santiago Jaureguizar agradeceu ao xurado por escoller o seu artigo para este premio "un dos máis importantes que se conceden no paÃs en prensa". O xornalista explicou que no seu artigo fala "das relacións entre os intelectuais e os polÃticos a través da figura de Blanco Amor, despois de ler unha entrevista coa escritora MarÃa Xosé Queizán que era amiga del e contaba o que lle sucedeu a Blanco Amor cando morreu".
Trátase dun artigo, que segundo o seu propio autor, aborda a relación entre polÃticos e intelectuais e os diferentes usos da linguaxe. "Os intelectuais tentamos ser o máis precisos posible na linguaxe porque pensamos influÃr nos polÃticos, e os polÃticos, sen embargo, fan un uso distinto da linguaxe, porque eles teñen que intentar non comprometerse coas palabras". Finalmente, destacou que o artigo é máis crÃtico cos intelectuais que cos polÃticos, "que teñen gran capacidade para encaixar as crÃticas", e comentou: "A min nunca me chamou un polÃtico cando escribÃn mal sobre el, anque si me ten chamado algún poeta".
Na acta do xurado, á que deu lectura Fernando R. Méndez, destácase do artigo de JaureguÃzar "a calidade xornalÃstica, o sentido crÃtico e o feito de actualizar, por medio dunha personaxe histórica da literatura galega como é Blanco Amor, a crÃtica á situación social que vivimos nestes momentos. Asemade o xurado considera que se trata dun artigo "moi ben estruturado e orixinal, unha proposta excelente polo seu enfoque".
Pola súa banda, Clara Carracedo agradeceu á Deputación de Ourense que, ano tras ano, a institución provincial lembre a memoria do seu irmán a través deste certame.
Santiago Jaureguizar é redactor de Cultura do diario El Progreso de Lugo dende 1993. Coordina o suplemento cultural Táboa Redonda. Como xornalista foi galardoado cos premios "Manuel Reimóndez" e "Museo Provincial de Lugo". Como narrador foi recoñecido cos galardóns "Lueiro Rey", "Xerais", "GarcÃa Barros", "Terra de Melide" e "Caixa Galicia de Literatura Infantil e Xuvenil".
O xurado do premio, presidido polo deputado provincial de Cultura, Manuel Doval Soto, estivo integrado por Xosé Ramón Pousa Estévez, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela; Xosé Francisco Rodil LombardÃa, membro da Comisión de GarantÃa da FAPE; Francisco González Sarria, vogal do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, e Xosé Manuel Baamonde Silva, decano da Facultade de Ciencias Sociais e Comunicación de Pontevedra, actuando como secretario Fernando RodrÃguez Méndez, responsable de Comunicación da Deputación de Ourense.